A Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, ampliou o prazo para inscribirse nos diferentes concursos organizados dentro do programa do Arde Lucus MMIX co que se pretende unha maior participación da poboación lucense nesta festa.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentaron unha nova publicación editada polo Concello de Lugo: Fernando de Casas Nóvoa en Lugo.
A web do Arde Lucus presenta xa un novo espazo no que atopar o directorio cos comercios da cidade onde poder caracterizarse como celtas ou romanos para a festa que se celebrará entre o 26 e o 28 de xuño.

Que HOXE as 13:00 horas , na sede desta Asociación, Ramón Montenegro, 15 entrechán, Lugo, terá lugar o Acto de clausura e entrega de diplomas do curso de Camareiro Rte. Bar, que se levou a cabo entre a Dirección General de la Ciudadanía Española en el Exterior, co financiamento do F.S.E. No curso participaron dez alumnos procedentes de Arxentina e Uruguay, dentro do programa de xóvenes do Ministerio de Trabajo e Inmigración.
A Concellería de Cultura e Turismo e Caixanova traen ás tablas do Auditorio Municipal a dous grandes do teatro: José Sacristán e Hector Alterio, que interpretarán mañá xoves, a partir das 20:30 horas a obra Dos menos.
O espectáculo conta a historia de dous homes maiores que despertan nunha sala de hospital para ser informados de que lles queda moi pouco tempo de vida. Pronto comezan unha marabillosa viaxe, que se converte nun regreso aos sentimentos máis prezados do ser humano: o amor, a amizade, a paternidade e o efímero da vida.

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou algunhas das novidades que incluirá o programa do Arde Lucus MMIX.
A responsable da área de Xuventude indicou que este ano, no que se deseñou unha programación aínda máis ampla e complexa para o Arde Lucus que en edicións anteriores, aparecen outras novidades moi relacionadas coa recreación histórica dos oficios.

O Concello de Lugo celebrará o domingo día 12 de xullo a novena edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo.
A Banda Municipal de Música que depende da Concellería de Cultura do Concello de Lugo, celebrará o primeiro concerto do cento corenta aniversario da súa creación.
A banda actuará acompañada nesta actuación polo Coro da Xunta de Galicia no que, entre outras pezas se estrearán obras de recente creación do compositor lucense Anxo Castelo Corredoira.
A Banda Municipal interpretará Oregón e Ross Roy , ámbalas dúas de Jacob de Haan, Alma de Rumba dedicada a Xulián Villamar regueiro , o himno dedicado ao deporte CD Lugo, e Indio, as tres de de Anxo Castelo Corredoira.
O penúltimo concerto do Festival de Música Cidade de Lugo XXXVII Semana do Corpus estará tamén dedicado a lembrar, a rendir merecida homenaxe, a Haendel no 250º aniversario da súa morte. Tras a música sacra no concerto inaugural do Scholars Baroque Ensemble e do oratorio Il trionfo del Tempo e del Disinganno éo turno dun dos xéneros musicais máis típicos do Barroco, o da cantata, no que Haendel deixou boa mostra do seu xenio e da súa incrible capacidade para dar vida musical a todo tipo de textos dramáticos e teatrais.

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou as bases dos diferentes concursos organizados dentro do programa do Arde Lucus MMIX co que se pretende unha maior participación da poboación lucense nesta festa.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 440
- 441
- 442
- 443
- 444
- 445
- 446
- 447
- 448
- …
- seguinte ›
- última »