Máis de vinte magos encheron a cidade, ao longo de 8 días, de maxia e ilusión dentro do programa da sétima edición da Semana Internacional da Maxia. Lugo Máxico 2009, organizado pola Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo en colaboración co colectivo Waldemar e a productora Abracadabra Produccións, botará o telón mañá sábado día 7 de novembro.

O Salón de Plenos do Concello de Lugo acolleu esta tarde a presentación dunha nova edición da Revista Lucense de Creación Poética Xistral, a cargo da Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e Camilo Gómez Torres, coordinador da publicación.

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou a XII Edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole que, como en anos anteriores, ten dúas modalidades: galego e castelán.
Trátase dun certame que cada ano esperta moito interese non só en Galicia senón no ámbito nacional. A Concelleira indicou que cada ano ten un maior número de participantes, na pasada edición presentáronse ao concurso de narración curta 31 obras en galego e 53 en castelán”.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, visitaron esta mañá a Escola Rural de Rubiás logo de ser rehabilitada. A nova infraestrutura, destacou López Orozco, será un espazo para a convivencia, o intercambio cultural, educativo e asociativo. No acto participou ademais o presidente da Asociación de Veciños da parroquia.

* Destaca que os actos de conmemoración da Muralla como Patrimonio e o Xacobeo farán de Lugo e de Galicia o cumio da modernidade universal
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta tarde na celebración do patrón da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón no que lles pediu aos alumnos que acheguen ideas creativas para a celebración do 10 aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial. No acto estivo acompañado pola directora da Escola, Esther Muñoz.
O actor e humorista Berto Romero chega a Lugo co seu espectáculo La apoteosis necia o próximo 4 de decembro no Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 20.30 horas.
Berto, a quen se pode ver semanalmente como o fiel acompañante de Andreu Buenafuente nas noites de La Sexta, presenta un excelente montaxe teatral en formato de monólogo pero con interrupcións como un músico ou unha pantalla complementaria.

Unha vintena de magos encherán de trucos e misterios a cidade ente o domingo día 1 de novembro e o sábado día 7 dentro do programa da sétima edición da Semana Internacional da Maxia. Lugo Máxico 2009, organizado pola Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo en colaboración co colectivo Waldemar e a productora Abracadabra Produccións, presentará este ano algunhas novidades que sen dúbida asombrarán aínda máis ao público lucense, segundo indicaron os organizadores.

Unha vintena de magos encherán de trucos e misterios a cidade ente o domingo día 1 de novembro e o sábado día 7 dentro do programa da sétima edición da Semana Internacional da Maxia. Lugo Máxico 2009, organizado pola Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo en colaboración co colectivo Waldemar e a productora Abracadabra Produccións, presentará este ano algunhas novidades que sen dúbida asombrarán aínda máis ao público lucense, segundo indicaron os organizadores.
As actividades da Semana de Benvida 2009, organizadas dentro do Convenio Lugo Cultural, do que forma parte o Concello de Lugo, continúan este xoves 22 coa actuación de Xacobe Martínez, que presentará o seu novo proxecto A Tribu. Unha volta ás raíces ás 20:30 horas, na Praza de Santa María.

O Concello de Lugo pon en marcha un novo programa de animación á lectura para os máis pequenos na Biblioteca Municipal. A Concelleira de Cultura e Turismo,Concepción Burgo, presentou as actividades que comezarán mañá xoves 22 de outubro e que van dirixidas a nenos de entre 3 e 12 anos. As sesións terán lugar os xoves, ás 19:00 horas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 432
- 433
- 434
- 435
- 436
- 437
- 438
- 439
- 440
- …
- seguinte ›
- última »