O Concello de Lugo participou hoxe, a través da Concellería de Xuventude que dirixe Rosana Rielo, na xornada International Day que se celebrou na Escola Politécnica Superior. O obxectivo desta xornada é que o alumnado estranxeiro achegue a súa cultura á comunidade da USC á vez que se promove a mobilidade.

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou o libro que recolle os relatos premiados nas últimas edicións do Certame de Narración Curta Ánxel Fole. O acto tivo lugar ás oito desta tarde no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
Baixo o subtítulo de Dous anos de contos, a publicación recolle os oito relatos gañadores, catro na categoría de galego e catro na de castelán.
O volume compila as seguintes obras:

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e o Mago Rafa, presentaron esta mañá unha gala de maxia benéfica a favor dos damnificados polo terremoto que días atrás se produciu en Haití. Esta actividade terá lugar o vindeiro domingo 24 de xaneiro ás 18:00 da tarde no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo.
A entrada colaboración á gala terá un prezo único de 5 euros, e poderanse comprar na taquilla do auditorio desde unha hora e media antes da función.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, deu conta hoxe da presenza do Concello de Lugo na Feira Internacional de Turismo, Fitur, que se celebra a partir de mañá en Madrid e onde se presentará a programación Lugo10 que conmemora o décimo aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial.
A Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, organiza, en colaboración coa Asociación “Pepe Barreiro” de Lugo, o 6º Premio de Ferretes Entroido 2010 con motivo da celebración do próximo Enterro da Sardiña que se celebrará o día 17 de febreiro.

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, deu conta dos asuntos tratados na xuntanza da comisión de Municipalización do Servizo Turístico. Esta foi a segunda xuntanza desta Comisión na que están representados todos os partidos políticos do Pleno, os servizos administrativos do Concello relacionados con este servizo e os representantes da Cámara de Comercio e a Asociación de Hostaleiros de Lugo.
A Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, pon en marcha un novo programa de Movida Alternativa Xuvenil (MAX) que terá lugar as fines de semana. Este programa inclúe actividades diversas dirixidas á mocidade lucense e que se desenvolverán na Casa da Música.
Os venres:
-21:30h – 00:30h.- Cociña creativa
-21:30h - 23:00h.- Iniciación á guitarra
-23:00h - 00:30h.- Obradoiro de traxes Arde Lucus
Os sábados:

Representantes das institucións que conforman o proxecto Lugo Cultural presentaron este mércores a nova edición do ciclo de música clásica ‘Músicas a carón da Mosqueira’, que contempla seis recitais entre os que figuran dende concertos novidosos ata a conmemoración dos 80 anos do compositor e director galego Roxelio Groba, ou a presentación do novo disco do coro Solo Voces.

O venres 19 de febreiro o cómico actor, monologuista, guionista e produtor Enrique Pérez Vergara, coñecido mundialmente como FLIPY chega a Lugo para ofrecer o seu espectáculo El Show de Flipy.
Trátase dunha actuación englobada dentro do programa especial de Lugo10 organizado polo Concello de Lugo.

* O Alcalde de Lugo e o Presidente da Deputación presentaron hoxe a programación que se engloba baixo a marca Lugo10 coa que se pretende unha total implicación social da cidadanía para dar a coñecer a cidade ao mundo enteiro e celebrar o seu décimo aniversario coa distinción da UNESCO
* A programación recolle preto de 30 accións coas que achegar Lugo ao mundo para o cal será preciso a implicación da cidadanía
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 429
- 430
- 431
- 432
- 433
- 434
- 435
- 436
- 437
- …
- seguinte ›
- última »