
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentaron unha guía de actividades ocio saudables organizadas polas súas Concellerías e programadas desde o Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias.

A Obra Social “la Caixa” e o Concello de Lugo presentan unha exposición sobre as orixes do home que foi inaugurada esta mañá polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Secretario Xeral da Fundación, Lluis Reverter, e o Delegado Xeral da Caixa en Galicia, Marc Benhamou.

A Corporación Municipal e a Armada renovaron, por 58º ano consecutivo, os seus vínculos e a tradición de render homenaxe á Virxe da Esperanza -patroa da Armada- nos actos oficiais que se desenvolveron pola mañá e que continuarán pola tarde coa participación na procesión do primeiro luns de Semana Santa.
Cen membros da Unidade formaron na Praza Maior e fixeron o tradicional desfile, diante a atenta mirada de centos de lucenses.

O domingo 25 de abril chegará á cidade, englobado dentro da programación de Lugo10, o espectáculo do monologuista e actor Dani Mateo que está a triunfar en salas, teatros e auditorios de toda España.
Desde novembro de 2007 forma parte do equipo do programa “Se lo que hicisteis la última semana” xunto a Patricia Conde, Ángel Martín e Miki Nadal, entre outros. Mateo participou tamén na serie de televisión La familia Mata.
O Concello de Lugo publicou no portal web as bases para participar na Mostra de Teatro Cidade de Lugo que chega á súa 8ª edición.
Os colectivos que desexen participar deberán cumprir os seguintes requisitos:
É imprescindible ser asociación cultural sen ánimo de lucro inscrita no rexistro municipal do Concello de Lugo. No caso dos profesionais, deberán ter a súa sede na cidade de Lugo.
A Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Ceao súmase á celebración do décimo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial promovida polo Concello de Lugo baixo a marca de Lugo10.

O Concello de Lugo presentou unha nova edición do Festival de Música Cidade de Lugo, coincidindo coa XXXVIII Semana do Corpus que se desenvolverá ao longo de abril, maio e xuño.

A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, acompañada polo presidente da Xunta de Confrarías de Lugo, Ramón Basanta, e o Vicepresidente Angel Díaz, presentaron o programa da Semana Santa lucense do 2010. Neste acto de presentación estivo tamén o autor do cartel anunciador, Eduardo Ochoa.

A Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, porá en marcha un conxunto de actividades formativas que, segundo a Concelleira, “conforman un amplo abano de actividades que van dende cursos de socorrismo, e primeiros auxilios ata cursos de DEA”.
Rielo destacou o esforzo que “estamos a facer desde a concellería para tratar de incrementar a inserción laboral dos mozos, neste caso na rama sanitaria”.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, participaron esta tarde na presentación do libro Hebdomada Santa Lugo do fotógrafo lucense Eduardo Ochoa.
Trátase dunha publicación que recolle unha colección monotemática de fotografías sobre a Semana Santa lucense que conformou a exposición do artista que baixo o mesmo título realizou en 2009.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 426
- 427
- 428
- 429
- 430
- 431
- 432
- 433
- 434
- …
- seguinte ›
- última »