
O vindeiro sábado 15 de maio arrinca na Praza Maior a XXVIII edición da Feira do Libro, co pregón do escritor Isidro Novo. Así o anunciou esta mañá a Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, o organizador da feira, Antonio Fernández Maira, e a directora da feira, Ana Isabel López Fandiño.

Berrogüetto presentará en Lugo o seu quinto traballo discográfico, que leva por título Kosmogonías, o vindeiro xoves 20 ás 21:00 horas no Auditorio Gustavo Freire.
Este concerto enmárcase na programación da terceira edición do ciclo Lubicán, organizado ao amparo do convenio Lugo Cultural co obxectivo de achegar ao público a música feita por grupos galegos de diferentes estilos e con diversas formacións.

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, participou esta mañá na presentación dos gañadores da XII Edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole que, como en anos anteriores, ten dúas modalidades: galego e castelán.
O Concello de Lugo xa ten rematado o expediente para levar a cabo a transferencia do Cuartel de San Fernando á Xunta de Galicia.
Os trámites comezaron hai catro meses e xa están concluídos. Ata o de agora non foi posible efectuar a transferencia debido a un impedimento legal consistente na necesidade de que a Xunta saldara as débedas que tiña pendentes co Concello.
O Festival de Música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus, organizado polo Concello de Lugo, continúa esta fin de semana cun concerto que inaugura o Corpus dos Nenos, o sábado 8 de maio no Círculo das Artes a partir das 18.00 horas.
O ciclo dos tres concertos familiares arrinca co espectáculo de títeres e música baixo o título de Hansel e Gretel. A actuación correrá a cargo do quinteto de ventos Pentafonía e da compañía de monicreques Seisdedos.

O Concello de Lugo colabora con Rababiero Promocións na celebración dun espectáculo de humor en galego, englobado no programa de Lugo10, que terá lugar o vindeiro 15 de maio no Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 22:30 horas. O espectáculo foi presentado hoxe pola Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, o actor Manuel Manquiña e o productor Miguel Segret.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, destacou a preparación e capacidade de traballo da nova Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, que compareceu hoxe por primeira vez diante dos medios de comunicación nunha rolda de prensa na que Mundiña anunciou que vai continuar o labor realizado polo equipo de Goberno e a súa antecesora, Concepción Burgo.

A nova responsable de Cultura do Concello de Lugo, Nuria Mundiña, tomou posesión como concelleira no pleno celebrado onte. Mundiña substitúe na corporación municipal a Concepción Burgo, que deixou o Concello para adicarse en exclusiva ó seu traballo como deputada no Parlamento galego.
No mesmo pleno no que tomou posesión, Mundiña xa respondeu a un rogo da oposición sobre a ampliación do horario de apertura da biblioteca municipal de Frigsa.
Unha das citas imprescindibles do festival é o concerto dunha das grandes mestras do canto na música antiga e barroca, a mezzosoprano francesa Guillemette Laurens, que na compaña de Fuoco e Cenere (agrupación francesa que tamén debuta en Galicia) ofrecerá un singular programa no que reúnen a dous compositores tan especiais, e nunha primeira impresión tan afastados, coma o barroco inglés Henry Purcell e o célebre autor americano da época dourada de Broadway e o musical, George Gershwin.
A próxima semana o Festival de Música Cidade de Lugo XXXVIII Semana do Corpus presenta un intenso programa de actividades que inclúe tres concertos e o primeiro concerto familiar do Corpus dos Nenos.
A semana comeza o luns 3 de maio na sede de Fundación Caixa Galicia coa actuación do arpista Manuel Vilas e o gambista Santi Mirón, que dedican o seu concerto integramente ás recercadas do compositor renacentista toledano Diego Ortíz.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 423
- 424
- 425
- 426
- 427
- 428
- 429
- 430
- 431
- …
- seguinte ›
- última »