
A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, participou no xurado que seleccionou hoxe o concurso do cartel anunciador da XXXII Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. O valenciano Martín Flores Sanz é o gañador do Concurso convocado polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá que está dotado con 1.000 euros e unha estatuíña de Sargadelos.

O Concello de Lugo celebrará o domingo día 11 de xullo a décima edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo. Esta nova edición foi presentada pola Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, que sinalou a consolidación que está a ter esta convocatoria, que cada ano conta co máis participantes, sendo o ano pasado un total de 80 adultos e 6 na categoría xuvenil.
O espectáculo baixo o título Lugo10 Danza na rúa previsto para o vindeiro venres 11 de xuño aprázase, por mor do mal tempo, ao 18 de xuño ás 19:30 horas. Este espectáculo é unha iniciativa da Asociación de Pais e Nais do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo para sumarse á celebración dos dez anos da Muralla como Patrimonio Mundial.
Hoxe terá lugar a segunda das conferencias do programa “Coñecer a Romanización: a Muralla de Lugo e a Gallaecia Romana”, que organiza LugoPatrimonio co patrocinio de Lugo10.
Por mor das inclemencias do tempo aprázase para o vindeiro mércores o primeiro dos concertos do ciclo Murajazz organizado dentro da programación de Lugo10 e que estaba previsto para o xoves 10 de xuño.
A baixada de soldos, proposta polo Goberno local, e aprobada por unanimidade e sen debate, supón que o Alcalde verá diminuido nun 8% o seu salario e os Concelleiros un 7%, seguindo as directrices que aprobou a Federación Española de Municipios e Provincias.
Con anterioridade a esta medida, a Corporación lucense tiña conxelados os seus salarios dende hai dous anos, tamén a proposta do Alcalde, José López Orozco.
A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, fixo hoxe pública a obra gañadora do certame de deseño gráfico de San Froilán 2010 que se converterá no cartel anunciador das festas deste ano. A premiada na edición de adultos foi Rebeca Novo Castro co cartel "DE RONDA".

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, e o presidente da Asociación Cohors III Lucensium, Manuel Fernández Díaz, presentaron a nova moeda acuñada para a edición do Arde Lucus 2010.
A Concelleira resaltou a implicación da asociación ano tras ano coa festa facendo que sexa aínda máis atractiva para lucenses e visitantes.
O Concello de Lugo abriu o prazo para a concesión de subvencións para a celebración de festas patronais e actos tradicionais (Lume Novo) nas parroquias e barrios do municipio.
Para a celebración as festas patronais cada parroquia, barrio ou núcleo poboacional poderá contar cunha subvención máxima de 600 euros, contando cun orzamento total de 42.000 euros.
Para Lume Novo o Concello destinará un total de 8.500 euros que serán repartidos por igual entre todas as solicitudes presentadas.

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, presentou hoxe un ciclo de música de jazz na rúa que organiza Lugo10. Mundiña salientou que esta iniciativa pretende “achegar a música ós lucenses” .
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 420
- 421
- 422
- 423
- 424
- 425
- 426
- 427
- 428
- …
- seguinte ›
- última »