
O VI curso de formación VI Teateatre foi presentado esta mañá no Concello nun acto no que interviron a Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña; o Vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; o Deputado provincial Antonio Veiga; a Directora da Escola Arte e Lecer Fingoi do Colexio Fingoi, Asunción Fernández Puentes, e Alba Fernández, de Palimoco Teatro.
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, asistirán á inauguración dunha exposición de fotos da Muralla, obra do fotógrafo Peter Schneider que é un dos emprendedores instalados no Centro de Empresas e Innovación de Lugo.
A exposición “The Wall-A Muralla. Fotografías de Peter Schneider” estará instalada ata o día 30 de setembro no Museo Provincial.
O acto de inauguración terá lugar as oito desta tarde.
Os ganadores do concurso “10 amigos 10” convocado a través da páxina de Lugo10 en Facebook, recibiron o seu premio nun acto que tivo lugar este martes no Centro de Interpretación da Muralla.
Mañá terá lugar o segundo concerto do V Festival Via Stellae que organizan a Concellería de Cultura, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e a Consellería de Cultura. A cita é no Círculo das Artes ás 20:30.
Será un concerto con sabor noruegués e suporá o debut en Galicia dunha das máis reputadas orquestras de cámara europeas europea, os Trondheim Soloists.
Gabriel Casarrubios Martín foi o gañador do primeiro premio do X Certame de Pintura Rápida ao aire Libre “Cidade de Lugo” que convocou o Concello. O segundo premio foille concedido a Julio Gómez Mena e o terceiro a Piedad Santamaría Pascual.
O xurado concedeu os seguintes accésits: a Alfonso González Araújo, Raúl Gil Burés, Beatriz Seijo Lamas, Antonio Hernández Martín, Daniel Parra Lozano, Miguel del Castillo Ferrero e a Dolores López Polo.
Os artistas Uxía Senlle e Iván Ferreiro serán os protagonistas da cuarta edición do ciclo de concertos ‘Entre Lusco e Fusco’ que se desenvolverá en Lugo os mércores 14 e 21 de xullo ao amparo do convenio Lugo Cultural.
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou hoxe oa terceira edición do Certame internacional de graffiti que se vai celebrar en Lugo os días 16 e 17 de xullo.
A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, presentou hoxe o espectáculo “Historias peregrinas” que representará en Lugo o grupo Las huellas de la Barraca, creado hai cinco anos para homenaxear á emblemática compañía de teatro de Federico García Lorca.
A Concellería de Cultura organiza en Lugo dous concertos do Festival Via Stellae en colaboración coa S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Os concertos vanse celebrar os días 7 e 14 de xullo, no Círculo das Artes, ás 20.30 horas, con entrada libre ata completar o aforo.
No primeiro deles actuarán o octeto de viloncellos Chelicia e a soprano Carmen Gurriarán.
A cantante Concha Buika será un dos platos fortes do San Froilán 2010, segundo informou a Concellería de Cultura, que dirixe Nuria Mundiña.
Concha Buika actuará en Lugo o día 5 de outubre. A Concellería de Cultura tamén ten pechados os concertos dos grupos Mastretta, que será o día 10 de outubro; Batital o día 3 de outubro; e Brath, o día 11. Ademáis ten previsto a actuación de Los Gofiones, o día 7 de outubro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 418
- 419
- 420
- 421
- 422
- 423
- 424
- 425
- 426
- …
- seguinte ›
- última »