
A actuación será no Auditorio Gustavo Freire o domingo 26 de decembro en dobre función de 20.00 e 22.30 horas
O Centro de Interpretación da Muralla, a Casa dos Mosaicos, e a Sala de exposicións Porta Miñá, permanecerán pechados pola tarde os días 24 e 31 de decembro. Os días 25 de decembro, e 1 e 6 de xaneiro, os museos permanecerán pechados todo o día.
Como todos os anos, o primeiro sábado do mes de xaneiro a entrada aos museos é de balde. Este ano, ao coincidir en festivo, o día de entrada gratuíta sería o sábado día 8 de xaneiro.

Actividades nas ociotecas e aulas abertas, contacontos, bailes de maiores, recitais, ou o festival “Familia no Nadal”, son algunhas das alternativas propostas dende a Concellería de Benestar Social e Igualdade
Rosana Rielo, Concelleira de Xuventude, presentou unha nova edición de “A busca do Tesouro”, que se levará a cabo os días 27 e 28 de decembro, e lembrou as actividades ofertadas dende a Casa da Música

O vindeiro domingo, día 19 de decembro, a partir das 20.30 horas, o Auditorio Gustavo Freire será o escenario dun Gran Concerto de Nadal de Gospel, que correrá a cargo de Jimmy McGee and the Praying Hands. As entradas poden adquirise a través de www.caixanova.es a un prezo de 18, 15 e 12 euros.
Jimmy McGee and the Praying Hands
Dentro das actividades que a Concellería de Xuventude ten previsto realizar no Nadal deste ano buscando un ocio alternativo dos/as mozos e mozas da cidade, celébrase a VIII edición “Busca do Tesouro”, coa que se pretende que os participantes coñezan a cidade e profundicen na súa historia.
Ata o vindeiro venres, día 7 de xaneiro, o Centro de Convivencia Uxío Novoneyra acolle unha nova mostra de pintura da artista Nori Garcia. “Ensueños” é unha exposición de óleo sobre lienzo e de estilo surrealista, que poderá visitarse no Uxío Novoneyra, en Quiroga Ballesteros 1, 2º andar, de luns a venres en horario de 16.00 a 21.00 horas.
Ata o vindeiro venres, día 7 de xaneiro, o Centro de Convivencia Uxío Novoneyra acolle unha nova mostra de pintura da artista Nori Garcia. “Ensueños” é unha exposición de óleo sobre lienzo e de estilo surrealista, que poderá visitarse no Uxío Novoneyra, en Quiroga Ballesteros 1, 2º andar, de luns a venres en horario de 16.00 a 21.00 horas.

A Concelleira de Xuventude e a Deputada e membro do Padroado do organismo dependente da Deputación fixeron entrega dos diplomas ós 15 participantes da acción formativa, incluída na programación de Lugo 10

A mostra permanecerá no Centro de Convivencia Maruja Mallo ata o vindeiro día 10 de febreiro
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Director Xeral do Instituto Xeográfico Nacional, Alberto Sereno Álvarez, e o Director do Centro Nacional de Información Xeográfica, Sebastián Mas Mayoral, presentaron hoxe, no Centro de Convivencia Maruja Mallo, a mostra “Lugo. 100 anos de cartografía”, dentro do marco das actividades do programa Lugo10.

Un cento de comercios e establecementos de hostalería participan na iniciativa que terá lugar mañá de 20.00 a 24.00 horas e na que se anuncian todo tipo de sorpresas para que Lugo viva unha noite distinta nesta campaña do Nadal
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 411
- 412
- 413
- 414
- 415
- 416
- 417
- 418
- 419
- …
- seguinte ›
- última »