
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, participaron esta tarde na primeira xuntanza dos alumnos e alumnas elixidos como Radares Xuvenís para o presente curso académico 2010-2011.

As entradas poden adquirise dende hoxe, día 18 e ata o 31 de xaneiro a través de caixanova.es ou do teléfono 902.504.500
A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, presentou hoxe a XI edición da Mostra de Teatro Clásico de Lugo, que terá lugar dende o día 01 ata o 10 de febreiro no Auditorio Gustavo Freire.

A Concelleira de Cultura presentou hoxe, xunto con representantes das institucións que forman Lugo Cultural, unha nova edición dos ciclos de música clásica “Música a carón da Mosqueira” e “Músicas na Vidreira”
O programa comezará o vindeiro sábado día 22 de xaneiro co concerto inaugural a cargo de Solo Voces e a Orquestra Vigo 430
As obras poderán entregarse na Concellería de Cultura ata o 11 de febreiro
A Concellería de Cultura, que dirixe por Nuria Mundiña, presenta o V Concurso de Carteis Entroido 2011, aberto a todas as persoas que o desexen. Cada autor poderá presentar unha obra de tamaño libre no que deberá figurar o seguinte texto: “Entroido 2011, 4-9 de marzo- Concello de Lugo”, e será requisito indispensable que a imaxe corporativa do Concello figure no cartel.

A Movida Alternativa Xuvenil é programa de ocio alternativo que organiza o Concello e que se celebra os fins de semana na Casa da Música, a piscina das Pedreiras e o Polideportivo da Piringalla
A inauguración do trimestre contará cun concerto a cargo dos grupos lucenses JPA, Ripper Ground e Mythical Fail

No seu percorrido polas rúas da cidade, a comitiva real repartirá 1000 quilos de caramelos
Este ano a Cabalgata contará coa presenza de personaxes animados tan coñecidos como Bob Esponja, Dora la Exploradora ou Pocoyó
O Concello acordou hoxe solicitarlle á Xunta de Galicia que lle conceda ó Arde Lucus a distinción de festa de interese turístico autonómico.
A proposta, defendida pola Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, foi aprobada por unanimidade na sesión plenaria que celebrou hoxe o Concello.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, felicitou hoxe ós gañadores do concurso “Na Busca do Tesouro”, que recibiron hoxe os seus premios da mans da Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, nun acto que tivo lugar no salón de plenos do Concello.
A oitava edición deste certame celebrouse os días 27 e 28 de decembro e desenvolveuse polas rúas da cidade.

Esta mañá comezou a VIII edición do concurso “Busca do Tesouro”, que organiza a Concellería de Xuventude dentro do programa de ocio alternativo de Nadal.
O obxecto deste certame é que os mozos e mozas coñezan a cidade e profundicen na súa historia a través dun concurso que leva a recorrer distintos puntos das rúas lucenses a medio cento de persoas, entre os participantes e os monitores que os acompañan.

A actuación será no Auditorio Gustavo Freire o domingo 26 de decembro en dobre función de 20.00 e 22.30 horas
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 410
- 411
- 412
- 413
- 414
- 415
- 416
- 417
- 418
- …
- seguinte ›
- última »