O Concello de Lugo, dende a Concellería de Benestar Social, abre o prazo de inscripción para alemán na Casa das Linguas, situada na estrada da Granxa. Os horarios serán os luns de 20.00 a 21.00 horas e os xoves de 20.30 a 21.30 horas.
Máis información no teléfono 982.807.838, a través do correo electrónico:
casa.linguas@concellodelugo.org ou a través do blog da Casa das Linguas.
A Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, organiza para mañá venres, día 04 de febreiro, na aula de informática do Espazo Lab do Concello de Lugo, en horario de 16.00 a 18.00 horas, un curso de creación e xestión de blogs para os “Radares Xuvenís”.
Lugar e datas para ensaiar o “canto patético” que se cantará durante o percorrido da procesión do enterro da sardiña:
Lugar: Círculo das Artes, no Salón Rexio
Días: 10 e 21 de febreiro e 3 de marzo
Horario: ás 20.00 horas
O ENTERRO DA SARDIÑA sairá do Círculo das Artes o mércores, día 9 de marzo de 2011, ás 20.00 horas.
Os cursos celebraránse en horario de fin de semana e serán baremables en oposicións
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou hoxe tres novos cursos sociosanitarios: de primeiros auxilios, de socorrismo acuático e módulo de praias, e de desfibrilación semiautomática externa (DEA).
A Concelleira tamén deu a coñecer dous novos certámenes narrativos: “Entre iguais”, dirixido a rapazas e rapaces de 12 a 18 anos e “Toda unha vida”, dirixido a mulleres a partir dos 60 anos

A inscrición pode facerse na Concellería de Xuventude ata o 10 de febreiro
A Concelleira de Xuventude presentou ademais as datas do Arde Lucus, que este ano celebrarase o 17, 18 e 19 de xuño
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou hoxe catro novos cursos musicais que se desenvolverán na Casa da Música do 14 de febreiro ao 30 de maio.

Dentro da programación de actividades de Animación Sociocultural para o período 2010-2011 organizadas polo Concello de Lugo, e dende a Área de Benestar Social e Igualdade do Centro de Convivencia Fingoi, encádrase o Obradoiro “Descubrindo Galicia”.
A Biblioteca Municipal pon en marcha un novo programa de actividades de Animación á Lectura, que se desenvolverá ao longo de todo o ano. A nova programación está deseñada especialmente para os máis cativos, e busca fomentar o hábito da lectura a través de espectáculos de contacontos, obradoiros de monicreques, debuxo creativo ou de creación literaria, tratando así de fomentar o gusto polos libros e estimular a imaxinación dos máis pequenos.

As entradas e os bonos poden adquirise ata o luns 31 de xaneiro a través de caixanova.es ou do teléfono 902.504.500
Os bonos só poderán adquirirse a través do servizo de venda anticipada

Una notable efeméride que para esta Sociedad representa 65 años de actividad ininterrumpida desde su fundación en 1946 y que han dado como fruto la organización de 600 conciertos con los más reconocidos músicos y agrupaciones de todo el mundo.
Para iniciar la celebración de este aniversario, la Sociedad Filarmónica de Lugo comienza el año con un ciclo de tres conciertos extraordinarios que traerán a nuestra ciudad a tres excepcionales agrupaciones, desde Praga, Moscú y Londres.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 409
- 410
- 411
- 412
- 413
- 414
- 415
- 416
- 417
- …
- seguinte ›
- última »