
* Trátase de Markku Salo, deseñador con traballos expostos no Corning Museum of Glass de Nova York, Victoria&Albert de Londres, ou no Museo Nacional de Estocolmo
* Lara Méndez presentou “Vientos del Norte”, a nova exposición do CENTRAD que acolle a Capela de Santa María dende o 17 de febreiro ó 27 de marzo

O próximo mércores, día 23 de febreiro, chegan dende Londres 4-MALITY Percussion Quartet, un impresionante e orixinal cuarteto de percusión formado por catro músicos excepcionais e liderado por Adrian Spillett, o primeiro e ata agora único percusionista gañador do prestixioso concurso BBC Young Musicians Competition.

Una notable efeméride que para esta Sociedad representa 65 años de actividad ininterrumpida desde su fundación en 1946 y que han dado como fruto la organización de 600 conciertos con los más reconocidos músicos y agrupaciones de todo el mundo.
A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, mantivo esta tarde unha xuntanza, na Casa Consistorial, coa Asociación de Hostaleiros de Lugo, presidida por Cheché Real.
O obxectivo, potenciar e promover a gastronomía durante as datas do entroido. Así, os hostaleiros acordaron ofrecer durante estas festas produtos típicos do entroido así como a elaboración de menús e tapas típicas destas datas. Estas accións serán recollidas baixo o lema: “Entroido Larpeiro”.
A Biblioteca Municipal acolle este xoves, día 10 de febreiro, unha nova actividade do programa de Animación á Lectura que se desenvolverá ao longo deste primeiro trimestre do ano. A partir das 19:00 horas, a contacontos Raquel Queizas achegará aos nenos contos, lendas e fábulas de diferentes culturas e protagonizadas pola natureza. Esta sesión de contacontos está recomendada para nenos maiores de tres anos.
Os mapas cartográficos serán reubicados proximamente
Unhas 2.000 persoas visitaron o Maruja Mallo e disfrutaron desta exposición cartográfica de Lugo cedida á cidade polo IGN

Mañá martes, día 08 de febreiro, a Mostra de Teatro Clásico de Lugo achega ata o Auditorio Gustavo Freire unha adaptación de “El avaro”, de Moliére, a cargo da Compañía Galiardo Producciones e Entrecajas, en coproducción co Centro Dramático Nacional, que visita por primeira vez a cidade.

A representación en Lugo será a única que faga a obra do Centro Dramático Galego na provincia
“Salomé” pechará a Mostra de Teatro Clásico no Auditorio Gustavo Freire o xoves, día 10 de febreiro, ás 20.30 horas

O prazo de inscrición, que comeza hoxe, rematará o 23 de febreiro
O curso terá unha duración de 350 horas e impartirase os fins de semana
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou hoxe en rolda de prensa un novo curso de formación, neste caso o de Monitores de tempo libre, que se desenvolverá durante os fins de semana.
A Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, organiza para mañá venres, día 04 de febreiro, na aula de informática do Espazo Lab do Concello de Lugo, en horario de 16.00 a 18.00 horas, un curso de creación e xestión de blogs para os “Radares Xuvenís”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 408
- 409
- 410
- 411
- 412
- 413
- 414
- 415
- 416
- …
- seguinte ›
- última »