
A entrada, coma sempre no festival, é libre ata completar o aforo do local
O Festival de Música Cidade de Lugo acolle o debut en España de Njabulo Madlala, un barítono sudafricano formado en Londres que gañou o pasado ano o primeiro premio dos prestixiosos Kathleen Ferrier Awards e que seguro dará moito que falar nos próximos anos. Este segundo concerto do festival terá lugar no Círculo das Artes o xoves 12 de maio ás 20.30 horas.

A entrada, coma sempre no festival, é libre ata completar o aforo do local

A próxima semana, o martes 10 de maio, comeza a trixésimo novena edición do decano dos festivais galegos de música clásica, este Festival de Música Cidade de Lugo (tradicionalmente coñecido como Semana do Corpus) que as próximas catro semanas encherá de música a cidade cos quince concertos (incluíndo 2 concertos familiares e para nenos, dentro dunha programación cuxas premisas básicas son a calidade e a variedade) que se celebrarán ata o 2 de xuño en diferentes lugares como o Círculo

A Concelleira de Xuventude animou a todos os lucenses a achegarse ata a pasarela para coñecer as ideas presentadas polos deseñadores e estilistas da cidade para a celebración do Arde Lucus
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, e Miriam Souto, de Miriam Souto Peluqueros, presentaron esta mañá en rolda de prensa a segunda edición do Desfile de Moda Romana, previo a festividade do Arde Lucus, e que terá lugar este sábado, día 7 de maio, na Praza Maior de Lugo a partir das 20.30 horas.
Reunidos:
- Nuria Mundiña (concelleria de Cultura do Concello de Lugo)
- Amparo Roca Pena (vocal da Asociación da Prensa de Lugo)
- Susana Rodríguez (vocal da Asociación da Prensa de Lugo)
- Antón Grande Penela (vocal da Asociación da Prensa de Lugo)
- José María Álvez González (membro da Asociación da Prensa de Lugo)

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, deu a coñecer hoxe as bases dos concursos de carteis do San Froilán e o San Froilanciño 2011.
Mundiña explicou que o prazo para a presentación dos orixinais estará aberto entre o luns 2 e o martes 31 de maio, ata as 14.30.
O Premio de deseño gráfico San Froilán 2011 ten unha dotación económica de 2.000 euros e o de San Froilanciño, para menores de 15 anos, recibirá un premio valorado en 500 euros.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, recibiron esta mañá na Casa Consistorial aos dezaseis participantes no programa Radares Xuvenís, chegados dende Italia e Portugal.
A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, e o director artístico Xosé Víctor Carou, presentaron esta mañá a programación do Festival de Música Cidade de Lugo 2011. XXXIX Semana do Corpus, que se desenvolverá na cidade dende o martes, día 10 de maio, ata o xoves, día 2 de xuño, cun total de 15 concertos.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, e a axente literaria Déborah Albardonedo, acompañaron esta tarde ao escritor David de Juan na presentación do seu libro “El baile de las lagartijas”, acto que tivo lugar ás 19.30 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, membros do equipo de Goberno, e outros membros da Corporación Municipal, participaron esta tarde na lectura pública de “El Quijote” que tivo lugar na Praza Maior de Lugo como acto conmemorativo do Día Mundial do Libro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 403
- 404
- 405
- 406
- 407
- 408
- 409
- 410
- 411
- …
- seguinte ›
- última »