
Os obradoiros para participar na Cabalgata serán polas mañás no Centro Social Maruja Mallo os días 26, 28, 30, 2 e 4 de xaneiro. Hai tamén en marcha un Concurso de Cartas aos Reis para ser paxes das súas Maxestades
O día 25 pola tarde virá o Apalpador e os días 25, 26, 27, 28 e 29 pola tarde haberá programación infantil no Auditorio
As principais corais da cidade sairán á rúa para interpretar Cantos de Nadal polos distintos barrios
A Casa Consistorial de Lugo, o Museo Provincial e edificios emblemáticos de Moscú ou Kioto son algunhas pezas que se poden ver

A feira, que abre dende o 17 de decembro ata o 5 de xaneiro na carpa da Praza da Soidade, acolle o traballo de vintecinco artesáns

Máis de 200 persoas participaron nas rutas a pé pola cidade e nos percorridos en bus polos arredores de Lugo postos en marcha dende a Concellaría de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e outras tantas quedaron en lista de espera

Ao completo as visitas guiadas que ofrece o Concello nesta ponte, unha iniciativa que está a ter unha magnífica acollida tanto por parte de lugueses como de turistas
O tenente alcalde e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, o nacionalista Antón Bao, avanza que os tres eixos nos que se centrará a oferta turística do Concello será o turismo cultural, o turismo de natureza e a gastronomía

Lugo ofrece dende hoxe visitas guiadas gratuítas polo casco histórico e os museos da cidade e en autobús para coñecer Santalla de Bóveda, as Termas Romanas, a torre-fortaleza de San Paio de Narla e o castro de Viladonga
O tenente alcalde e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, o nacionalista Antón Bao, inaugurou hoxe as rutas xunto a representantes da Xunta, a Deputación, a Universidade e a Asociación de Hostalaría, que participan na iniciativa

Houbo magostos e festa en todas as portas da Muralla, que cumpre 11 anos como ben mundial
Máis de 2.000 persoas participaron esta tarde no acto colectivo de homenaxe á Muralla romana de Lugo organizado con motivo do XI aniversario da súa declaración como Ben Mundial. Os lugueses e luguesas volcáronse na celebración desta efeméride e conseguiron o reto de rodear o monumento máis emblemático da cidade cunha corda.
As fins de semana e os días festivos haberá percorridos a pé polo casco histórico e os museos da cidade e un autobús levará aos lugueses e aos visitantes a coñecer o templo de Santalla de Bóveda, as Termas Romanas, a torre-fortaleza de San Paio de Narla e o castro de Viladonga

Especialistas de Tarragona, León, Astorga e Xixón expuxeron hoxe distintas posibilidades para o aproveitamento e posta en valor dos achádegos arqueolóxicos
A ronda da Muralla estará mañá cortada ao tráfico durante o acto de homenaxe á Muralla, no que se espera que participen máis de 2.000 persoas

Adolfo de Abel Vilela e Enrique Alcorta abriron esta tarde os actos do XI Aniversario da Muralla con dúas conferencias sobre a importancia histórica da Muralla de Lugo
O Concello espera a participación de 2.500 persoas no acto colectivo de homenaxe á Muralla deste mércores, no que ao rematar se repartirán 250 quilos de castañas de balde entre os asistentes
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 393
- 394
- 395
- 396
- 397
- 398
- 399
- 400
- 401
- …
- seguinte ›
- última »