
O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación vén de cederlle ó Concello, en calidade de depósito, un traxe rexional elaborado polos artesáns que integran o Obradoiro do Traxe Rexional ó Museo Interactivo de Historia de Lugo.

A praza da Horta do Seminario acollerá unha espectacular exposición sobre a vida das cidades romanas
O Tenente de Alcalde e responsable da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, e o Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, informaron dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local e na que se aprobaron numerosas licenzas de obras e asuntos de carácter ordinario.

Lugo compite con outras cidades como Donosti, Salamanca, Logroño ou Oviedo, que tamén concorren a este certame

A clase, de dúas horas de duración, poderá ser seguida polo público en xeral dende o patio de butacas
Esta actuación abre o programa de danza do Auditorio Gustavo Freire, unha das novidades da programación do auditorio municipal para esta tempada
O tenente alcalde e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, o nacionalista Antón Bao, avanza que os tres eixos nos que se centrará a oferta turística do Concello neste ano serán o turismo cultural, o turismo de natureza e a gastronomía

O Alcalde, José López Orozco, o Primeiro Tenente de Alcalde e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, fixeron un percorrido por algunhas das novas sinais turísticas que se poden ver polo centro histórico.

O tenente alcalde, o nacionalista Antón Bao, pretende “ofrecer unha programación variada, de calidade e a prezos asequibles” para “dinamizar o auditorio e que Lugo entre a formar parte dos circuítos artísticos a nivel galego e estatal”
Outra das novidades da programación do auditorio é a introdución de espectáculos de danza, que comezarán cunha clase maxistral o vindeiro xoves a cargo do destacado bailarín e coreógrafo Ángel Corella
Esta semana comezaron as obras para a instalación da nova sinalización turística da cidade de Lugo, que contou cun presuposto total de 75.000 euros, dedicados á elaboración do proxecto, á fabricación dos paneis e a creación de diferentes traballos audiovisuais que completarán estes soportes.

Que ledicia volver a estar aquí con vós! Para nós é sempre un pracer vir a Galiza, e máis aínda a Lugo, que ben se sabe que se come ben e sempre nos poñedes unhas boas tapas para nós e para os camelos. Seguide así, non perdades o costume.
Os nenos e nenas da cidade, que durante todo este Nadal ensaiaron en distintos obradoiros organizados polo Concello, serán os verdadeiros protagonistas dos distintos espectáculos que irá habendo ao longo de todo o percorrido
Por primeira vez os caramelos e lambetadas que se repartirán serán aptas para celíacos
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 391
- 392
- 393
- 394
- 395
- 396
- 397
- 398
- 399
- …
- seguinte ›
- última »