
Un ano máis o Martes de Entroido estivo protagonizado polo Gran Concurso de Disfraces de Adultos que organiza a Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. O tempo extraordinario, cunha temperatura agradable e lucindo o sol, animou a numerosos lucenses a achegarse ata a Praza Maior para contemplar aos concursantes que participaron neste vistoso concurso, no que non faltaron o humor, a crítica sociopolítica e a imaxinación.

O xurado, integrado polos escritores Marica Campo, Antonio Reigosa e Xoán R. Cuba, destacaron a gran calidade dos 59 traballos presentados
A décimocuarta edición do certame de Narración Curta Ánxel Fole que organiza a Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua xa ten gañadores e segundo o ditame do xurado as premiadas son tres escritoras:
1º Premio: Luz Darriba Magadán polo relato “Monstros”

Este sábado de Entroido celebrouse un ano máis o tradicional concurso de disfraces infantil organizado pola Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. O bo tempo acompañou á tarde festiva e os concursantes despregaron a súas dotes imaxinativas con vistosas creacións nun desfile seguido por numerosos lucenses.

Arrinca un programa de actividades cargado de animación na rúa, concursos de disfraces e a feira de produtos típicos

O tenente alcalde do concello de Lugo, o nacionalista Antón Bao, anunciou esta mañá que o goberno municipal mellorará a xestión do auditorio municipal Gustavo Freire. Bao indicou que as melloras irán en dous sentidos “no que atinxe, por unha banda, á produción de espectáculos e actividades culturais e tamén, por outra banda, á venda de entradas”.

Unha exposición inaugurada hoxe en Lugo permitirá aos visitantes pasear por unha cidade romana e mesmo recrear os cheiros e ruídos das súas rúas e prazas e adentrarse na vida dunha casa da época, coas súas distintas estancias e utensilios.
O tenente alcalde, Antón Bao, anuncia que o Concello analizará unha por unha a utilidade da pertenza a determinadas asociacións turísticas

O Mercado de Entroido trasládase á Praza de Abastos para dinamizar este espazo e o pregón correrá a cargo de representantes da asociación que mantén viva a tradición do Oso de Salcedo
O tenente alcalde, Antón Bao, destaca que a candidatura de Lugo conseguiu aunar ao sector e ás distintas administracións e anuncia que o Concello volverá presentarse o vindeiro ano a este galardón polas posibilidades de promoción exterior que ofrece

Mañá coñecerase a cidade gañadora do certame estatal Capital da Gastronomía 2012
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 390
- 391
- 392
- 393
- 394
- 395
- 396
- 397
- 398
- …
- seguinte ›
- última »