Dende a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, infórmase que dende o próximo luns 4 de xuño poderá visitarse as exposicións polo remate dos obradoiros de animación sociocultural que se estiveron desenvolvendo ata agora. Desta maneira, os centros de convivencia do Concello recollen, como ven sendo habitual nos últimos anos, unha exposición na que poderemos ver os traballos realizados por alumnos e alumnas que acudiron ás actividades de pintura, labores, ou traballos manuais.

O Tenente de Alcalde e Responsable do Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, anunciou as modificacións que se levarán a cabo no recinto feiral para este ano nas festas do San Froilán. Os cambios propostos serán trasladados á comisión de festas que se convocará a vindeira semana. O cambio fundamental consistirá na desaparición das casetas de venda das rúas Pascual Veiga e Puro Cora.

O gañador, que se coñecerá o 20 de xuño, será elixido entre o 4 e o 18 de xuño a través dun sistema de votación popular online na web www.sanfroilan.info
“Dominó” de Violeta Vázquez Lence será o cartel anunciador do
San Froilán Miúdo 2012

Xermán Gómez, presidente da Asociación de Veciños de Orbazai e o Tenente-Alcalde, o nacionalista Antón Bao, presentaron hoxe en rolda de prensa a II Foliada de Orbazai. Este encontro de grupos música tradicional celebrarase o sábado, 2 de xuño, a partir das 17:00 no campo da festa da parroquia de Orbazai no Concello de Lugo.

O Tenente de Alcalde e Responsable do Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, mantivo está mañá unha xuntanza con directores de todos os centros de ensino do concello de Lugo. Bao aproveitou o encontro para facer entrega do “Lapis para escribir en galego”, dentro da campaña “Vitaminas 17”. “Vitaminas 17” é unha iniciativa de Vitaminas para o Galego, a plataforma na que colaboran 29 medios de comunicación do país.

O espectáculo de danza contemporánea “Latexo” pechará mañá sábado o programa no Auditorio Municipal Gustavo Freire

A Escola Municipal de Música estará situada no Centro Social Uxío Novoneyra e contará cun total de 19 espazos acondicionados para o seu funcionamento

Bao lembro, nesta semana das letras galegas, a importancia do noso idioma como “unha importantísima ferramenta para abrirnos cara os países lusófonos”.
A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores o Primeiro Programa Experimental de Servizos Locais e Fomento do Emprego que conta cun orzamento de 300.000 euros, segundo informou o Concelleiro de Urbanismo e Voceiro socialista, Luis Álvarez. Luis Álvarez e o Tenente de Alcalde e Concelleiro de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, compareceron en rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados hoxe pola Xunta de Goberno Local.

Por vez primeira, a Feira estará amenizada coas actuacións dos alumnos de todas as escolas de música lucenses
Presentacións de libros, obradoiros para nenos e coloquios de escritores completan o programa
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 386
- 387
- 388
- 389
- 390
- 391
- 392
- 393
- 394
- …
- seguinte ›
- última »