
Telleiros, ferreiros e canteiros amosaron os seus oficios na Praza Maior dentro do programa Vellos Oficios Vivos

Antón Bao, que asumiu hoxe as funcións de Alcalde, anunciou a posta en marcha dun plan de promoción turística do Concello de Lugo e das festas do San Froilán. Instalaranse un total de dez paneis en sete cidades e vilas con información sobre os atractivos turísticos do Concello de Lugo e sobre as festas de San Froilán.

A Xunta de Goberno Local tamén concedeu a terceira licenza para a instalación dunha empresa no parque das Gándaras e decidiu poñerlle penalizacións á adxudicataria da construción da nova sede da Policía Local polos atrasos na obra

O Festival Internacional de Percusión que chega a Lugo forma parte dunha rede de cidades de Galiza e Aragón

Os docentes da Escola Municipal de Música ofreceron un concerto didáctico dirixido a nenos e nenas que nestes días participan en campamentos urbanos na cidade de Lugo. A Escola Municipal de Música de Lugo inicia a súa actividade de difusión con este concerto didáctico dirixido a nenos e nenas que participan en diversos campamentos urbanos. O concerto celebrouse con dous pases no salón de actos do Centro Social Uxío Novoneyra.
Pedagoxía e programación, pedagoxía da linguaxe musical, música e movemento e informática para músicos serán as disciplinas nas que se formarán os docentes da Escola Municipal de Música
Contratadas as obras de remodelación do Centro Social Uxío Novoneyra, que estarán rematadas en dous meses

O tenente alcalde, Antón Bao, entregou tamén 10 lotes de libros que foron sorteados entre as máis de 2.000 persoas que participaron na votación
Os cidadáns poderán durante todo o mes de xullo facer propostas para a elaboración do programa das festas a través da páxina www.sanfroilan.info
O tenente alcalde, o nacionalista Antón Bao, presentou hoxe esta variada oferta, que inclúe tamén actividades infantís, obradoiros de artesanía, a celebración dunha Festa da Malla en pleno centro da cidade e excursións en catamarán polo río Miño
O certame de Pintura Rápida ao Aire Libre terá lugar o domingo 15 de xullo
As rúas e prazas da cidade acollerán os días 27, 28 e 29 de xullo o I Festival Internacional de Percusión
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 384
- 385
- 386
- 387
- 388
- 389
- 390
- 391
- 392
- …
- seguinte ›
- última »