Diante do auto xudicial que obriga a reducir os niveis de ruído do feiral, o tenente alcalde nacionalista anuncia que se adoptarán “todas as medidas para que se cumpra” pero propón facer unha consulta popular na que todos os lugueses e luguesas se pronuncien sobre as súas festas
Presentada outra das novidades das festas deste ano: unha obra de teatro que se estreará o día 11 na praza de Santa María sobre a vida de San Froilán
Carlos Jean, Siniestro Total, Bigott, Che Sudaka, La Casa Azul, António Zambujo, Vendetta, El Dúo Dinámico e os mellores grupos galegos do momento actuarán en Lugo do 4 ao 12 de outubro. Todos os concertos serán de balde
O programa oficial foi presentado esta mañá polo tenente alcalde, o nacionalista Antón Bao, e por Luis García Santalla, director en Lugo de E-ON, principal patrocinador das festas deste ano

As verbenas correrán a cargo das orquestras Panorama, Los Satélites, Ipanema, Poceiro, Costa Dorada, Tango, D’Moda, Claxon, Breixa Band, Solara e Ledicia
O mércores pola noite celebrarase unha gala solidaria no Auditorio Gustavo Freire e os cartos recadados irán destinados á organización do FestiClown Palestina 2013

O tenente alcalde e responsable de Cultura, Antón Bao, afirma que será “un San Froilán variado no que calquera cidadán vai atopar música do seu gusto”
Haberá premios para os mellores traxes antigos e modernos, para agrupacións e traxes infantís e todas as persoas que veñan vestidas co traxe galego o Domingo das Mozas poderán levar unha foto de recordo para a súa casa e recibirán un agasallo
O cantante Zenet actuará o martes 10 na Praza de Santa María e o sábado 6 farao o grupo canario Los Gofiones
O 'Zumbanocoiro', organizado pola asociación de recuperación da música tradicional A Volta do Agro, contará o venres 5 coas actuacións de As Lagharteiras e Tiruleque
Un total de 260 persoas fixeron distintas peticións de grupos e actuacións a través da páxina web www.sanfroilan.info
O grupo Leilía abrirá os concertos o día 4 e o domingo das mozas estará protagonizado por grupo femininos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 381
- 382
- 383
- 384
- 385
- 386
- 387
- 388
- 389
- …
- seguinte ›
- última »