
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a directora da Compañía Achádego Teatro, Tareixa Campos, e a representante do Banco de Alimentos de Lugo, Adela Alonso, presentaron a obra de teatro As alegres comadres de Shakespeare a prol do Banco de Alimentos.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá as actividades que se enmarcan dentro do programa Ponte en Lugo e que recolle a II Feira de Outono e o programa Constrúe co Corazón da Asociación Corazóns Solidarios.
Por terceiro ano consecutivo máis de 50 establecementos do centro da cidade abriron as súas portas ata as 00:00 e durante os que agasallaron con catering e música, a todas as persoas que se achegaron.

O Museo Interactivo da Historia de Lugo estrea a súa primeira semana con visitas concertadas para grupos de escolares e adultos. Así, mañá martes 4 de decembro, ás 11:30 o primeiro grupo de escolares, do Centro de Intervención Educativa en Medio Abierto de Lugo do Centro Dignidade Oleiro, participará nas actividades da exposición temporal A obra elixida.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá a curtametraxe que se vai a estrear o día 5 de decembro ás 21:30 horas no Auditorio Gustavo Freire e que se titula Mr. Smith & Mrs. Wesson.
O Alcalde interviu na clausura das Xornadas de Cidades amuralladas que tivo lugar hoxe no MIHL
O concelleiro Turismo e Cultura de Valença do Minho pediu o apoio de Lugo á súa candidatura para a declaración como Patrimonio Mundial

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e a Comisaria das exposición, Mónica Alonso, presentaron a primeira exposición de arte contemporáneo que acolle o Museo Interactivo da Historia de Lugo.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou as actividades con motivo do XII Aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial. No acto tamén estiveron representantes das asociacións de Rioplatenses de Lugo, de Peruanos e de Senegaleses que, xunto coa asociación de Colombianos, porán o acento global a estes actos.
A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, a Directora da Escola de Arte Ramón Falcón, Esther Muñóz, e a Presidenta da Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais de Lugo, Nora Real, presentaron a III Noite Aberta que se celebra o próximo venres 30 de novembro.

O MIHL que xa recibiu premios de arquitectura agárdase que abra ao público a finais da próxima semana
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou, acompañado de membros do equipo de goberno, dunha visita ás instalacións do Museo Interactivo da Historia de Lugo que se porá en marcha nos próximos días.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 376
- 377
- 378
- 379
- 380
- 381
- 382
- 383
- 384
- …
- seguinte ›
- última »