
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada polo vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, o deputado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e a coordinadora da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo, Paloma Lugilde, presentaron esta mañá a XIX Festival Internacional de Teatro Universitario.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada por Raúl Rocha, da Asociación Senatus Lucus Augusti, e de Luis Latorre Real, representante de Lugo Monumental, presentaron unha nova actividade relacionada co Arde Lucus, a celebración do Ano Novo Romano.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e Mónica Alonso, Comisaria da exposición A obra elixida, fixeron un balance da primeira exposición de arte contemporánea e coa que se inauguraba o Museo Interactivo da Historia de Lugo.
A Biblioteca Municipal de Lugo pon en marcha mañá a súa programación de animación á lectura e contacontos, segundo informa a Concellería de Cultura.
A primeira destas actividades correrá a cargo de Caxoto que escenificará o “Conto para escoitar mentres bailamos un bals”. Será ás 19.00 horas.
A entrada é gratuíta pero é necesario retirar unha tarxeta de invitación, dadas as limitacións de espazo.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, fixo entrega dos diplomas acreditativos aos alumnos do curso de Protocolo. O curso tivo unha duración de 20 horas e levouse a cabo entre o 28 de xaneiro e o 18 de febreiro en horario de 19.30h a 21.30h. A matrícula era gratuíta.

A decimoterceira Mostra de Teatro Clásico de Lugo comezará este domingo coa obra “Juana la Loca, la reina que no quiso reinar”, que poñerá en escena a compañía Histrión Teatro, baixo a dirección de Juan Dolores Caballero e coa interpretación de Gema Matarranz.

Mañá venres 15 de febreiro é o último día para ver a exposición de arte contemporánea coa que se inaugurou o Museo Interactivo da Historia de Lugo. A obra elixida, reúne a 16 artistas galegos dos últimos 30 anos e no que cada un aportou unha das súas obras máis representativas facendo así unha lectura presente da arte galega en activo, fuxindo de separacións xeracionais e idades.


O historiador Fernando Arribas Arias foi o encargado da lectura do pregón que da inicio ás festas do Entroido 2013 e xunto coa Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, foron os encargados de dar o pistoletazo de saída para 5 días de festa e animación que rematarán o mércores 13 co enterro da Sardiña.
Tamén haberá unha versión do “Lazarillo” para o público infantil
A programación comezará este domingo e rematará o día 26
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 373
- 374
- 375
- 376
- 377
- 378
- 379
- 380
- 381
- …
- seguinte ›
- última »