O próximo martes 30 de abril abriranse as portas da exposición Neolítico, de nómadas a sedentarios instalada na Praza Horta do Seminario, e que un ano máis, La Caixa, achega a Lugo ata o 30 de maio.

O próximo 11 de maio o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acollerá a quinta edición do programa Sons creativos, unha plataforma de intercambio cultural e de creación musical, e a inauguración da mostra 25 anos de Arte Sonora e Pedagoxía en Lugo, organizado polo Grupo de Creación Sonora da Universiadade de Santiago de Compostela.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua organiza dous obradoiros para confeccionar prendas e complementos para a festa do Arde Lucus.
Un dos obradoiros é para a confección de vestiario e o outro para aprender a facer complementos como sandalias, coroas de flores, grebas, brazaletes e muñequeiras, entre outros.
Estas actividades desenvolveranse na Casa da Xuventude todos os sábados, ata o 8 de xuño, entre as 11.00 e as 13.00 horas.
Dende a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, presentáronse as actividades que se van levar a cabo con motivo do Día Internacional do Libro que se celebra o 23 de abril. Así, mañá martes 23 de abril entre as 17:30 e as 20:00 horas farase unha lectura pública colectiva da obra Cantares gallegos de Rosalía de Castro na Praza Maior.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, participou esta fin de semana na asamblea que celebrou na cidade de Astorga a Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas.
O Arde Lucus é unha das doce festas que forman parte desta asociación formada para contribuir á difusión deste tipo de eventos.
A Presidenta de El Progreso anuncia que haberá premios nas modalidades de ornato de fachadas e balcóns, escaparates, locais de hostalería e colexios
O Alcalde, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, e a Presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, presentaron hoxe a segunda edición do concurso de ambientación romana e castrexa organizado con motivo da celebración da festa do Arde Lucus.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e Adrián Encabo, de empresa Inteligencia Visual, presentaron a nova páxina web do Arde Lucus (www.ardelucus.com ). Este novo espazo conterá información sobre a festa, zonas de descarga para fondos de pantalla, os programas de actividades, así como fotografías, anuncios das empresas colaboradoras co Arde Lucus ou acceso ás redes sociais segundo informou Basadre.
As instalacións dos 10 establecementos hostaleiros participantes son as máis valoradas do país, cunha media de 7,8 sobre 10

Os Concelleiros de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, asistiron á inauguración dun novo negocio creado por un emprendedor na Praza de Abastos de Lugo.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Xerente do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, Rubén López, presentaron a I Concentración moteira Beiras do Miño que terá lugar os días 19, 20 e 21 de abril de 2013.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 370
- 371
- 372
- 373
- 374
- 375
- 376
- 377
- 378
- …
- seguinte ›
- última »