Xa está aberto o concurso de deseño gráfico para seleccionar o cartel anunciador das Festas do San Froilán 2013 organizado polo Concello de Lugo. O prazo para presentar os traballos en ambos concursos está aberto ata ás 14:30 horas do xoves 30 de maio. Os interesados poderán entregar ou mandar a súa obra por correo postal á Concellería de Cultura e Turismo situada na Praza Maior nº1, 27001, en formato dixital JPG, cunhas dimensións de 50x70 cm.

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua programa diferentes actividades para o mes de maio, entre as que figura o Maio Escénico. Esta actividade engloba unha serie de obras de teatro e música de diferentes ámbitos e dirixidas para todos os públicos entre o 16 e o 30 de maio no Auditorio Gustavo Freire.

A exposición da Obra Social “la Caixa” reconstrúe a decisiva evolución cultural da nosa especie no período comprendido entre hai 13.000 e 5.000 anos. Nesta etapa, o home realizou un cambio trascendental, pasando dos últimos cazadores ata as primeiras sociedades urbanas, de nómadas a sedentarios.
Neolítico. De nómadas a sedentarios, reproduce, a partires de diversos recursos museográficos, os fitos culturais e zonas xeográficas nas que se desenvolveu o Neolítico.
Dende a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, organízase unha Xornada Educativa con Bernabé Tierno, prestixioso psicólogo e pedagogo especializado en adolescentes que leva máis de 30 anos invetigando sobre as causas do fracaso escolar e diseña estratexias para unha ensinanza e aprendizaxe máis eficaz.

Como novidade está a convocatoria do I Certame de Sev Lvdvs Litterarvm Lvcvs Cvltvral que será integramente en Latín e que remata o prazo de presentación o 31 de maio
A Concelleira de Cultura, Xuventude, Turismo e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou as actividades culturais previas ao Arde Lucus, o Lvcvs Cultural, que se celebrarán entre o 3 de maio e o 12 de xuño. No acto tamén estiveron presentes representantes das asociacións de romanos e castrexos da cidade.

Continuamos a programación de animación á lectura con novas actividades. Preparémonos para divertirnos, unha vez máis, coas historias que nos teñen preparadas os contadores.
Ademais das actividades dos xoves, celebraremos o Día do Libro, o 23 de abril, cun contacontos e, aproveitando que o sábado 18 de maio é o Día dos Museos, invitámosvos a que coñezades o MIHL e participedes nun espectáculo de maxia e poesía.
O Concello vén de anunciar a convocatoria das subvencións para a celebración das festas do Lume Novo nas parroquias e barrios de Lugo, que se convocan ó abeiro do III Plan Estratéxico de Subvencións da institución municipal.
As axudas, que concede a Concellería de Cultura, turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, teñen este ano un presuposto total de 8.500 euros.

Hoxe presentouse o I Ciclo de Música Contemporánea MIHLSons-XXI que se vai celebrar os días 4, 10, 19 e 25 de maio nas instalacións do Museo Interactivo da Historia de Lugo. Así, o presentou esta mañá a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o coordinador do Ciclo e profesor no Conservatorio de Música de Lugo, Diego Ventoso.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá xunto con Valentín Arias e Manuel Méndez, da Asociación de Veciños de A Milagrosa, a Feira Castrexo-Romana da Milagrosa que se vai celebrar o primeiro fin de semana de maio na Praza Agro do Rolo.
5 deseñadores, 14 firmas de artesanía, 7 peluquerías e 18 colaboradores estarán presentes nunha gala retransmitida por diferentes canles de televisión
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 369
- 370
- 371
- 372
- 373
- 374
- 375
- 376
- 377
- …
- seguinte ›
- última »