A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, dirixida por Carmen Basadre, ten previsto inaugurar mañá, xoves, día 12 de setembro, unha nova actividade dentro dos Proxectos MIHL.
Trátase dunha instalación videográfica da artista Doa Ocampo, titulada “Olhar aos olhos, autoconversa”, que se vai proxectar no xardín interior do MIHL.
A Concelleira de Cultura,Turismo, Xuventude e Promoción da Língua. Carmen Basadre, participou hoxe na presentación da XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que tivo lugar na Deputación provincial.
Carmen Basadre felicitou ó grupo Fonmiñá ó que agradeceu en nome de todos os lucenses a organización desta 35 Semana de Cine de Autor “que pón a Lugo no mapa cinematográfico e ten repercusión máis alá das nosas fronteiras galegas”.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre; acompañou á Presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Nora Real, e ó Presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, nunha visita por distintos postos participantes no Street Market, o mercado na rúa que se celebra durante toda a xornada de hoxe en Lugo.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua anuncia a celebración dunha nova ruta turística programada dentro do plan Terras de Auga e Cultura.
Terras de Auga e Cultura é un programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que está aberto o prazo de inscrición ata as 14:00 horas do sábado 31 para a novena visita turística organizada dentro de "Terras de Auga e Cultura", un programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade. Esta nova actividade terá lugar o próximo domingo 1 de setembro.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou esta mañá tres dos grupos musicais que actuarán as noites da semana do San Froilán no escenario da Praza de Santa María.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que está aberto o prazo de inscrición ata as 14:00 horas do sábado 24 para a oitava visita turística organizada dentro de "Terras de Auga e Cultura", un programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade. Esta nova actividade terá lugar o próximo domingo 25 de agosto.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, fixo entrega dos diplomas do curso de Monitor/a de Ludoteca que contou con 15 prazas que está organizado dentro do plan +Xti Formación.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou esta mañá o primeiro dos pratos fortes que haberá durante o San Froilán 2013. Así, presentou o concerto dun dos grupos de moda este verán Love of Lesbian que pecharán as festas o sábado 12 de outubro na Praza Horta do Seminario.

A Concellería de Cultura, Xuventude, Turismo e Promoción da Língua, que dirixe Carmen Basadre, organizou hoxe a XIII Certame de Pintura Rápida ó Aire Libre Cidade de Lugo, que se desenvolveu durante todo o día nas rúas do Casco histórico da cidade coa participación de numerosos artistas procedentes de distintos lugares de Galicia e de España.
Logo de pasar o día pintando distintas perspectivas de Lugo fixéronse públicos os galardonados que foron os seguintes:
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 364
- 365
- 366
- 367
- 368
- 369
- 370
- 371
- 372
- …
- seguinte ›
- última »