
O Alcalde accidental, Luis Álvarez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiron á presentación do comic San Froilán, el lobo y otras historias, que se presentou esta mañá na capilla de San Froilán da Catedral de Lugo.
O cómic, publicado pola Diócese de Lugo, conta a historia de San Froilán a través de divertidas viñetas elaboradas por Manuel Rajal e Vanessa Ferreiro.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, da que é responsable Carmen Basadre, comunica que o próximo concerto da Banda Municipal estará adicado á XXXV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.
O concerto terá lugar o domingo, ás 12.30 horas na Praza Maior e será dirixido por Rosendo Ivorra.
O último número da revista de creación poética “Xistral” presentouse hoxe no Concello
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, presidiu esta tarde a presentación do último número de da revista de creación poética Xistral. O acto tivo lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello e nel participou, tamén, o Coordinador da publicación, Camilo Gómez Torres.
Mañá venres no fondo da Praza Maior haberá diversas actividades para concienciar a mozos e maiores dos perigos do abuso de bebidas alcohólicas
Baixo o lema Non te pases de voltas! Sé responsable haberá actividades para promover un consumo responsable do alcohol
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Director da Escola Municipal de Música, Armando Morales, deron conta do inicio do novo curso académico da Escola de Música. Así, este segundo ano de funcionamento, conta cunha matricula de 462 alumnos matriculado e 62 alumnos en lista de agarda que serán admitidos ao ter a suficiente capacidade grazas ás obras de ampliación realizadas durante este verán.
Está prevista a participación dunha trintena de expositores que presentarán o mellor da oferta turística da eurorrexión
O Alcalde, José López Orozco, o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, presentaron hoxe Expocidades, a feira etnoturística do Eixo Atlántico que se vai celebrar na nosa cidade durante as festas do San Froilán.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que está aberto o prazo de inscrición ata as 14:00 horas do sábado 21 de setembro para participar nunha nova visita turística organizada dentro de "Terras de Auga e Cultura", un programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade. Esta nova actividade terá lugar o próximo domingo 22 de setembro e visitarán o concello de Rábade.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que o próximo domingo 22 de setembro remata o prazo para a realización das aportacións económicas dos empresarios que queiran formar parte do programa das festas do San Froilán 2013. De todas maneiras, todos os empresarios que queiran seguir facendo aportacións a partir desta data non sairán nos programas pero recibirán un oportuno reconocemento público.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, participou hoxe na presentación do I Evento de Perruquería e Estética que terá lugar na nosa cidade, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Perruquería e Estética de Lugo, coa colaboración do Concello e a Deputación provincial.
O Concello distribuiu información da cidade e do Arde Lucus ós visitantes do evento, que se celebrou no Circo Máximo de Roma
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, destacou esta mañá o éxito que supuxo para Lugo a súa participación nos Ludi Romani, o Festival da Cultura Romana celebrado nos últimos días en Roma.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 363
- 364
- 365
- 366
- 367
- 368
- 369
- 370
- 371
- …
- seguinte ›
- última »