
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiu esta mañá á presentación das I Xornadas Gastroaccesibles de Lugo que se levarán a cabo entre os días 28 de novembro e 8 de decembro.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, comunica que xa se esgotaron as entradas para o concerto que ofrecerá o recoñecido violinista Ara Malikian con motivo da celebración do XIII aniversario da declaración da Muralla romana de Lugo como Patrimonio Mundial pola UNESCO.
A Comisión do rueiro reunida esta mañá adoptou diferentes acordos para nomear novas rúas e para sustituir todas aquelas que tiveran o nome de figuras ligadas ao franquismo e que serán sustituidos por nomes relevantes na historia de Lugo e da democracia. Estes acordos adoptados será levados a Pleno para a súa aprobación definitiva.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada por Manuel Fernández e Manuel Flores da Sociedade Micolóxica Lucus presentaron a XII Exposición de Cogomelos. A mostra terá lugar no Colexio Rosalía de Castro durante o domingo, en horario de 11:30 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:00 horas.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e o xerente do Pazo de Feiras e Congresos, Rubén López, presentaron unha nova edición de Xuvenlugo, unha alternativa de ocio para os máis pequenos durante os meses de inverno.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou hoxe que a apertura do prazo para participar na XVI edición co Certame de relatos curtos Ánxel Fole e que remata o próximo 31 de decembro.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá as actividades que terán lugar na conmemoración do XIII aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade.
Carmen Basadre destacou que “traemos actividades moi interesantes para celebrar estes 13 anos como Patrimonio da Humanidade, a única pena é que un ano máis a Muralla de Lugo vai a celebrar o seu aniversario a escuras xa que aínda non están colocadas as luces no adarve”.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, e o representante de Auxilia, Aquilino González, presentaron a I Xornada Lucense de Accesibilidade ao patrimonio e promoción do turismo accesible, que se vai celebrar o próximo venres 8 de novembro.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que xa está aberto o prazo de inscrición ata as 14:00 horas do sábado 2 de novembro para participar nunha nova visita turística organizada dentro de "Terras de Auga e Cultura", un programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou as actividades que se van celebrar con motivo do Samaín acompañada por representantes das tres asociacións castrexas da cidade, Lucia Ríos por Trebas Galaicas, Nicolás López por Lugdunum e Sara Pérez por Tir Na Nog.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 359
- 360
- 361
- 362
- 363
- 364
- 365
- 366
- 367
- …
- seguinte ›
- última »