A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou a programación de actividades que o Concello porá en marcha para este Entroido 2014 e que presenta novidades con respecto a anos anteriores. “Este ano queremos facer un Entroido adicado á ciencia ficción e o terror, xéneros literarios moi relacionados con estas festas e que este ano sorprenderán aos lucenses” segundo explicou Basadre.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, amosou hoxe o seu apoio ó lucense Alvaro Villasante, do Restaurante Paprica, que opta á elección de mellor cociñeiro do ano de Galicia.
O mellor cociñeiro do ano de Galicia será elixido, mediante votación popular, o día 23 de febreiro, na Coruña.
As votacións pódense facer a través da web www.cociñeirodoano.com.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, que dirixe Carmen Basadre, organiza este domingo un concerto da Banda Municipal de Lugo.
A Banda actuará ás 12.30 horas na Praza Maior e ofrecerá o seguinte programa:
- “Recordos Abulenses”, pasodobre de San José
- “A parranda” (selección), de F. Alonso
- “Latin Gold” (Tequila, A bamba), arr. P. Lavender
- “A generala” (selección), de A. Vives
Tamén se abre o prazo para participar nas novas actividades dos sábados +XTI

O Alcalde de Lugo conseguiu o apoio do Eixo Atlántico á candidatura para a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, foi elixido hoxe Vicepresidente da Asemblea do Eixo Atlántico, nunha xuntanza que celebrou en Braga este organismo transfronteirizo que agrupa ás principais cidades de Galicia e do Norte de Portugal.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, amplia o prazo para aquelas persoas que se queiran presentar ao Concurso do cartel Arde Lucus 2014 ata o 28 de febreiro de 2014.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Mago Rafa, presentaron o espectáculo de maxia ReIlusionArte, magia sin distancias, que se celebrará o domingo 23 de febreiro.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Linga, Carmen Basadre, anunciou que xa está aberta de maneira continuada a Domus do Mitreo, “con achádegos únicos no noroeste peninsular” segundo explicou.
Un ano máis, Producciones El Brujo, agota todas as entradas para a obra de teatro El Asno de Oro que se representará mañá sábado dentro do Festival de Teatro Clásico que se ven celebrando dende hai catorce anos na cidade. Rafael Álvarez, El Brujo, dirixe e interpreta esta obra que estrenou no teatro romano de Mérida no 2013 e que por primeira vez se representa nun auditorio pechado.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiron a inauguración dun novo
proxecto artístico que se poderá visitar no Museo Interactivo da Historia de Lugo ata o 6 de abril que recille a obra de oito artistas lucenses.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 354
- 355
- 356
- 357
- 358
- 359
- 360
- 361
- 362
- …
- seguinte ›
- última »