No desfile de moda exhibiranse deseños de roupa, complementos e perruquería para lucir no Arde Lucus 2014
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Xuventude, Turismo e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto coa Deputada provincial de Economía e Facenda, Pilar Garcia Porto, asistiron á apertura dos postos dos expositores que participan no I Encontro das Cidades Augústeas da Gallaecia (Braga, Astorga e Lugo).
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto coa Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, presentaron a Gala Lvcvs Moda 2014 que se celebra o próximo mércores 7 de maio no Museo Interactivo da Historia de Lugo. Esta nova edición da Gala estará adicada á Ribeira Sacra en apoio á súa candidatura a Patrimonio da Humanidade.

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, asistiron esta mañá á presentación da XXIII Festa do Melindre, que estivo a cargo da Alcaldesa da vila coruñesa de Melide, Angeles Vázquez Mejuto. No acto, celebrado nunha carpa instalada no fondo da praza Maior, tamén participou a Delegada territorial da Xunta, Raquel Arias.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua comunica que o concerto previsto para mañá con motivo da celebración do Dia Internacional de Jazz xa que segundo as prediccións meteoróloxicas agárdanse chuvascos. Na próxima semana conoceráse unha nova data para a celebración da mesma.
O mércores 30 de abril na Praza do Cantiño haberá un concerto para celebrar o Dia Mundial do Jazz
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asiste mañá sábado 26 de abril á Asamblea Anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas que terá lugar en Cartaxena (Murcia).

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que este sábado 26 de abril vaise celebrar nos soportais da Praza Maior o II Troco Xuvenil. Desta maneira, entre as 11 e as 13.30 horas todos os mozos e mozas poderán intercambiar todas aquelas cousas que non lles sirvan por outras que precisen como poden ser videoxogos, libros ou roupa.
A Concelleira de Cultura, Xuventude, Turismo e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou as actividades culturais previas ao Arde Lucus, o Lvcvs Cultural, que se celebrarán entre o 26 de abril e o 11 de xuño.
Esta serie de actos culturais, englobados baixo o nome “Lvcvs Cvltvral”, divídense en catro grandes bloques: ciclo de conferencias, visitas Lucus Cultural, xornadas temáticas nos diferentes barrios da cidade e actividades.
O programa de Animación á lectura e contacontos organizado pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción, ten preparado para mañá unha cita especial de contacontos. Trátase de 4Tempos interpretada por Teatro do Miolo e que está dirixida ao público máis pequeno, de entre 0 e 4 anos de idade.
Carmen Basadre tamén anunciou que máis de 3.500 persoas visitaron os museos municipais durante a Semana Santa
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada por Esteban Loureiro, Presidente da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns, e polo lucense Alberto Curiel, productor da cervexa Aloumiña, presentaron esta mañá a primeira edición da Feira da Cervexa Artesá que se vai a celebrar en Lugo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 349
- 350
- 351
- 352
- 353
- 354
- 355
- 356
- 357
- …
- seguinte ›
- última »