O mércores 11 ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire terá lugar o festival de fin de curso da Casa das Linguas
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou ao escritor protagonista da terceira Cata Literaria, Jerónimo Tristante, que estará o xoves 12 a partir das 20 horas con todas as persoas que se acheguen polo MIHL.
Mañá martes 3 de xuño estarán a venda as entradas para os actos do Arde Lucus, o Circo Romano e o espectáculo Duelo de Deuses, e que este ano presentan novidades. As entradas poderanse mercar a través da páxina web do Concello en http://entradas.lugo.es
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, achegáronse á exposición que co motivo do Arde Lucus celebra o Colexio Divina Pastora- Salesianos, como veñen facendo dende o ano 2008.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua informa que lle comunicaron que 110 establecementos do Casco Histórico de Lugo recadaron 3.460 euros para as festas do Arde Lucus.
O FIBES é unha iniciativa pioneira en Galicia que xurdiu o ano pasado na Escola de Imaxe e Son da Deputación de Lugo
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Cultura, informa de que a partir de mañá xoves 29 de maio, estará aberto o prazo para a solicitude de subvencións para a celebración de Lume Novo nas parroquias, barrios ou núcleos poboacionais do municipio de Lugo.
A Casa da Xuventude acolle durante o mes de xuño un curso de adestramento básico e socialización canina para todas aquelas persoas que teñen como mascota un can e queren ensinarlle pautas de comportamento.
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, colabora coa Sociedade Micolóxica Lucus na organización do III Encontro sendeirista e cultural Lucus a pé, que terá lugar o domingo 8 de xuño.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e a Directora de Márketing de Cafés Candelas, María Díaz, presentaron os azucarillos do Arde Lucus que esta empresa vai distribuir nos establecementos hosteleiros de toda Galicia.

Destacou que todas as persoas que viaxen entre os días 10 e o 17 de xuño a Lugo nos autobuses Alsa terán un desconto do 25% nos billetes e un 15% os que viaxen en Iberia a Santiago ou A Coruña
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 346
- 347
- 348
- 349
- 350
- 351
- 352
- 353
- 354
- …
- seguinte ›
- última »