Este próximo domingo 6 de xullo haberá unha nova excursión do programa Terras de Auga e Cultura que baixo o nome de De andaina e festa popular a guía turística que acompaña aos participantes farán un percorrido polo patrimonio rural lucense.
Asi, da man da guia oficial de turismo, os participantes descubrirán o interesante patrimonio das parroquias de Bóveda, Bacurín, e o Burgo cunha andaina de preto de dez quilómetros e cunha dificultade media-baixa que permite participar a toda a familia.

A primeira edición desta feira turística celebrouse en Lugo o ano pasado cun gran éxito de participación
O Concello de Lugo conta cun posto informativo turístico na segunda edición da Feira de Turismo Expocidades, un evento organizado polo Eixo Atlántico que se celebra dende hoxe venres e ata o domingo 6 de xullo na Alameda da cidade de Pontevedra e que é gratuito.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou a cuarta cata literaria que terá lugar o xoves 10 de xullo no Museo Interactivo da Historia de Lugo.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, que dirixe Carmen Basadre, organiza este xoves, un concerto da Banda Municipal de Lugo que se celebrará no barrio da Ponte.
A Banda actuará ás 19.30 horas, na Ponte romana, baixo a dirección de Rosendo Ivorra Jover, e interpretará as seguintes composicións:
- Antonio Rosales, pasodobre, Manuel Navarro Mollor
- Clotilde de Nevers (apertura), Matra
- Granada (bolero), Agustín Lara
Celebrarase o 13 de xullo e repartiranse case 4.500 euros en premios, segundo anunciou a Concelleira de Cultura
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, presentou hoxe a decimocuarta edición do Certame de Pintura rápida ó aire libre "Cidade de Lugo", que se vai celebrar o domingo día 13 de xullo.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, anunciou hoxe a celebración do Xullo artístico, un programa de obradoiros para nenos que se celebra a partir de mañá, día 2 de xullo, na Biblioteca municipal, no Parque da Milagrosa.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, que dirixe Carmen Basadre, anuncia que este sábado terá lugar a clausura de todas as actividades que se realizaron na Casa da Xuventude correspondentes ó programa de prevención de drogodependencias Sábados +Xtí.
Para clausurar os cursos que se viñeron desenvolvendo na Casa da Xuventude, dende o pasado mes de outubro, terán lugar unha serie de actos a partir das 16.30 horas.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, e os membros do grupo “Clave de fado” Iria Estévez e Gonzalo Piña presentaron hoxe o concerto que servirá para dar a coñecer o seu primeiro disco.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, comunica que está aberto o prazo de inscrición nos cursos intensivos e gratuítos de iniciación ao Inglés que se celebrarán este verán nas Casas das Linguas,
O autor é un veciño da localidade murciana de Alcantarilla mentres que o cartel do San Froilán Miúdo deseñouno unha nena de Vilachá de Mera
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer hoxe o cartel anunciador do San Froilán 2014, logo da reunión que celebrou o xurado do certame esta mañá na Casa do Concello.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 344
- 345
- 346
- 347
- 348
- 349
- 350
- 351
- 352
- …
- seguinte ›
- última »