Carmen Basadre destaca que o Concello e a Asociación de Hostalería colaboran de novo neste certame que renova o atractivo gastronómico de Lugo e contribúe á economía local
A mellor tapa de Lugo elixirase mediante votación popular e o resto dos galardóns serán outorgados por un xurado profesional
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitou esta mañá as actividades da Semana da Ciencia: Xogando coa xeoloxía. Estas actividades consisten nun laboratorio xeolóxico para nenos e nenas que se está a celebrar no MIHL.
Basadre destaca que o Concello de Lugo “sempre apoia o comercio local porque supón darlle un pulo á economía e ó emprego na cidade”
O Comercio na Rúa “Street Market” contará nesta edición coa participación de 72 establecementos que ofrecerán os seus produtos con descontos de ata case o 90%
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, anuncia a publicación mañá, mércores día 3, da lista de admitidos na Escola Municipal de Música de Lugo para o curso 2014-2015.
A Escola Municipal de Música fará públicas, a partir de mañá, tanto as listas de admitidos en todas as materias, instrumentos e agrupacións, como a lista en reserva. Tamén se publicarán as opcións de horarios por materias.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, que dirixe Carmen Basadre, convocou a explotación dunha caseta e un caldeiro de polbo durante as festas de San Froilán 2014.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a Directora Xeral de Emprego, Ana Maria Díaz, e o Xefe Territorial da Conselleria de Traballo e Benestar en Lugo, Alberto Linares, asistiron ao inicio do obradoiro de emprego Arqueo Lucus.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou ao escritor protagonista da sexta Cata Literaria, Xosé Neira Vilas, que estará o xoves 11 de setembro a partir das 20 horas con todas as persoas que se acheguen polo MIHL.
Carmen Basadre indicou que “nos próximos meses imos centrarnos máis na literatura galega e nos grandes escritores que temos na nosa lingua, por iso queremos inaugurar este novo curso cun dos máis representantivos”.
A próxima fin de semana celébrase o segundo curso taller de copilotaxe impartido polo prestixioso copiloto lucense Diego Vallejo. Este curso está organizado pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua dentro do Programa +Xtí financiado dentro do Plan Nacional sobre drogas.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, comunica que queda aprazado o concerto de Ioana Pérez, por mor dunha lesión da artista, que estaba previsto para mañá ás 21:00 horas na Praza de Viana do Castelo.
Dende a Concellería tamén se informa que este concerto celebrarase proximamente, en data por determinar e que se anunciará no seu momento.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada por Ruben López, Xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, e por Juan López, da Asociación Galicia Vella, presentaron o Festival Muralla Rock 2014 que dará inicio ás festas do San Froilán.
O Festival terá lugar o venres 3 de outubro a partir das 19 horas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e contará coas actuacións dos grupos Los Suaves, Rosendo, Costas e Tregua.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 341
- 342
- 343
- 344
- 345
- 346
- 347
- 348
- 349
- …
- seguinte ›
- última »