Os Alcaldes de Lugo, José López Orozco, e Ferrol, José Manuel Rey Varela, presidiron hoxe os actos conmemorativos do Día do Ferrol nas festas de San Froilán, nos que participaron membros das dúas Corporacións municipais.
O acto central co que se renovaron os históricos lazos de irmandade que unen ás dúas cidades tivo lugar esta mañá, na Casa do Concello, e consistiu na tradicional recepción ofrecida pola cidade de Lugo á cidade do Ferrol.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, asistiron ao I Concurso de polbeiros e polbeiras do San Froilán 2014 que se celebrou durante esta tarde no Mercado de Abastos de Lugo.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, presidiu esta tarde a presentación do libro “A orixe das feiras, das exposicións e dos concursos”, de Adolfo de Abel Vilela, que é o volume número 11 da colección San Froilán dos Devanceiros. No acto, celebrado no Salón de Plenos da Casa do Concello, que estivo ateigado de público, interviron o autor e o responsable da colección, Darío Xoán Cabana.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción a Lingua, dirixida por Carmen Basadre, informou esta mañá do inicio do prazo de solicitude para colexios e institutos de Lugo para participar nos diferentes obradoiros de prevención de drogodependencias.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios Hostelerios de Lugo, Cheché Real, entregaron no salón de plenos do Concello os premios do 10º Concurso de Tapas de Lugo.
As 23 horas tamén haberá un concerto no Patio do Seminario da artista galega Sés
O Alcalde, José López Orozco, e a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada por membros da Corporación Municipal participaron nos actos que abren as festas do San Froilán 2014.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presidiu esta tarde na Casa do Concello no acto de presentación do número 17 de XISTRAL, Revista Lucense de Creación Poética, que publica o Concello de Lugo. No acto, celebrado no Salón de Plenos, tamén participaron a Deputada provincial de Economía, Pilar García Porto, e o Coordenador de Xistral Camilo Gómez Torres.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiu esta mañá a un encontro con alumnos internacionais que estudan algún grao nas facultades de Lugo. No acto tamén participaron, entre outros, o Vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema e o Deputado da de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo, Mario Outeiro.

O gañador do décimo Concurso de Tapas de Lugo foi o restaurante Paprica, que concorreu cunha proposta de lombo de pescada a baixa temperatura con crocante de arroz negro e xeado de tomate asado. Este concurso está organizado polo Concello, a través da Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, e a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería.
Mañá, xoves 2 de outubro, ás 20:00 horas preséntase no Salón de Plenos do Concello de Lugo o número 17 de XISTRAL, Revista Lucense de Creación Poética, publicada pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre.
Este número recolle poesías de 53 poetas, e leva ademais catro ilustracións en cores obra da artista lucense Noa Persán.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 338
- 339
- 340
- 341
- 342
- 343
- 344
- 345
- 346
- …
- seguinte ›
- última »