A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, anuncia a nova programación para os próximos meses do ano en animación á lectura e contacontos que se realizan na Biblioteca Municipal.

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, dirixida por Carmen Basadre, informa das actividades que se van a celebrar con motivo do Samaín e realizadas pola Asociación Trebas Galaicas. Todas as actividades realizaranse entre as 17.30 e as 22.30 na Praza Maior.

O Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, asistiu hoxe á clausura do Festival de Cine Turístico Art&Tur celebrado na cidade portuguesa de Porto.
Luis Álvarez encabezou unha delegación lucense que asistiu a este festival sobre cine turístico para promocionar o Arde Lucus. No Edificio Douro Azul, sede do evento, permaneceu instalado nesta xornada un stand con información turistica do Concello de Lugo.
O Concello de Lugo ten un espazo reservado para a súa promoción turística dentro dos actos do Festival de Cine Turístico Art&Tur que se celebra estes días nacidade de Porto (Portugal)e que se clausura coa entrega de premios mañá sábado.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, da que é responsable Carmen Basadre, organiza o vindeiro domingo, día 26 de outubro, un concerto da Banda Municipal de Lugo.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Director de Área de negocio de CaixaBank en Lugo, José Manuel López, presentaron as dúas primeiras tarxetas da colección Lugo no teu peto que estarán dispoñibles para os usuarios de Caixabank.
O Concello de Lugo é finalista en dous certames a nivel nacional en dous ámbitos diferentes, a accesibilidade e a gastronomía, segundo informou esta mañá o Alcalde, José López Orozco.
As cidades e vilas amuralladas que forman parte deste proxecto son Lugo, Santiago de Compostela, Melgaço, Valença do Minho e Monçao
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o arqueólogo municipal, Rubén Álvarez, presentaron esta mañá o xeoportal web Ruta Vilas Amuralladas dentro do programa europeo Muralla Dixital.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da lingua, Carmen Basadre, fixo un balance dos nove días de festas do San Froilán 2014 que remataron o domingo 12 de outubro e que, un ano máis, volveron a contar con numerosos veciños e visitantes que participaron nas actividades programadas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 337
- 338
- 339
- 340
- 341
- 342
- 343
- 344
- 345
- …
- seguinte ›
- última »