A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que xa está aberto o prazo para participar na XVII edición co Certame de relatos curtos Ánxel Fole e que remata o próximo 31 de decembro.
O Concello de Lugo, a Universidade de Santiago, as Cámaras municipais de Valença, Monçao e Melgaço, o INEO e o Centro de Computaçao Gráfica Azurém traballaron no proxecto para a creación dunha rede de cidades amuralladas de Galicia e o Norte de Portugal
A Concelleira de Turismo de Lugo, Carmen Basadre acompañada polo Presidente da Apehl, Cheché Real, e o Presidente do Consello Regulador da DO Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez González, fixeron entrega esta mañá dos premios outorgados polo xurado técnico do 10º Concurso de Tapas de Lugo.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, da que é responsable Carmen Basadre, organiza este vindeiro domingo, día 9 de novembro, un un concerto que ofrecerá a Banda Municipal de Lugo na Praza Maior.
A Banda, dirixida por Rosendo Ivorra Jover, actuará, a partir das 12.30 horas, e interpretará o seguinte programa:
- “Os sete infantes” (pasodobre), de J.Vázquez
- “A orillas do Danubio Azul” (valses), de Johann Strauss
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que próximo sábado 8 de novembro e o sábado 13 de decembro desenvolverase na zona do Parque Rosalía de Castro varias actividades do Programa Creative que promove un consumo responsable e a prevención do consumo de drogas nos espazos de ocio nocturno de Galicia.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o director gerente de Begasa e responsable de E.ON en Galicia, Luis García Santalla, fixeron entrega dos diplomas aos catro gañadores do concurso A enerxía das festas durante o San Froilán.
Os catro gañadores do concurso, Xián Blanco, Xián Varela, Gundar Da Pena, e Claudia Péres, recibiron cada un un vale de 50 euros para a compra de material escolar ou libros.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que xa está aberto o prazo de inscrición ata as 14:00 horas do sábado 8 de novembro para participar nunha nova visita turística organizada dentro do programa Terras de Auga e Cultura, un programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada por Manuel Fernández, Vicepresidente da Sociedade Micolóxica Lucus presentaron a XIII Exposición de Cogomelos. A mostra terá lugar no Colexio Rosalía de Castro durante o domingo 9 de novembro, en horario de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas.

Un ano máis e coa colaboración da Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, a compañía Nova Escena Teatro traerá a Lugo o Circuito Galego de Teatro Amador que comeza mañá venres 31.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 336
- 337
- 338
- 339
- 340
- 341
- 342
- 343
- 344
- …
- seguinte ›
- última »