
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, organiza varias actividades culturais durante esta ponte de decembro, a través das que se poderá coñecer mellor a cidade e a zona rural lucense.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presidiron esta tarde os actos organizados polo Concello para conmemorar o XIV aniversario da declaración da Muralla romana como Patrimonio Mundial pola UNESCO.
O acto central tivo lugar esta tarde no Círculo das Artes e consistiu nun Concerto Conmemorativo no que se estreou o himno da Muralla, titulado Anel de Pedra e que foi composto polo músico Abraham Cupeiro.
A Concelleria de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua informou que o alumeado de Nadal encederá as súas luces para o primeiro fin de semana de decembro que ademais coincide coa ponte da Inmaculada e estará funcionando ata o 7 de xaneiro.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participou esta mañá na entrega de premios aos gañadores do XX Maratón Fotográfico do Campus de Lugo que se organizada dentro do programa Lugo Cultural.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá as actividades que terán lugar na conmemoración do XIV aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial.
Carmen Basadre destacou que o actos central vai ter lugar no Circulo das Artes ás 18.00 horas cun Concerto Conmemorativo que estará dividido en tres partes e no que se escoitará por primeira vez o himno da Muralla titulado Anel de Pedra e que está composto polo músico Abraham Cupeiro.
O Concello de Lugo, a Universidade de Santiago, as Cámaras municipais de Valença, Monçao e Melgaço, o INEO e o Centro de Computaçao Gráfica Azurém traballaron no proxecto para a creación dunha rede de cidades amuralladas
O Concello faise cargo este ano do alumeado de Nadal que se instalará en 33 rúas
Este Nadal sí haberá iluminación durante as festas en rúas como a Raíña, Santo Domingo, Fontiñas, San Roque ou Montero Ríos, entre outras
A Concelleira de Cultura sae na defensa dos funcionairos municipais que fiscalizan o pago de subvencións e o uso dos cartos públicos
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participaron esta mañá no acto celebrado para a conmemoración do Dia Mundial en Recuerdo das Victimas de Accidentes de Tráfico no que deu lectura a un pequeno manifesto e no que se gardou un minuto de silencio en recordo das vitimas.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentaron esta mañá un novo audiovisual que baixo o nome de DE LVCVS A LUGO. Dous mil anos de historia fai un percorrido didáctico pola historia da cidade dende a súa fundación.
O Concello asumirá este ano a instalación do alumeado de Nadal nas rúas de Lugo.
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, comunica que será o propio Concello quen se faga cargo este ano da instalación do alumeado de Nadal para evitar que se repitan no futuro situacións que ninguén desexa como a sucedida coa iluminación das últimas festas de Nadal.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 335
- 336
- 337
- 338
- 339
- 340
- 341
- 342
- 343
- …
- seguinte ›
- última »