O Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que se apraza a cata literaria que ten como protagonista a escritora e poeta lucense Marica Campo. A nova data de celebración será o xoves 28 de maio ás 20 horas no MIHL.
Mañá, sábado día 16 de maio, celebrase unha xornada sedimentolóxica dentro do programa Lugo pedra a pedra. Esta actividade comezará ás 11 da mañá e está previsto que se prolongue ata as 18 horas.
Trátase das Noites de teatro nos Museos. A primeira vai ser hoxe, ás 22.30 horas, no Centro Arqueolóxico de San Roque, onde se vai representar a obra “Cidade dos mortos”, a cargo das compañías Achádego, Hipócrita, Nova Escena e Nostrum Cai. A entrada é libre ata completar a capacidade.
Con tal motivo, todos os museos municipais ampliarán o seu horario mañá ata as 20.30 horas e tamén se celebrará un concerto en cada un deles.
A Banda Municipal actuará baixo a dirección de Rosendo Ivorra Jover e co acompañamento de Xulián Villamor Regueiro como gaita solista.
O concerto terá lugar na praza Maior, ás 12.00 horas, e desenvolverase dacordo co seguinte programa:
O vindeiro mércores, 20 de maio, remata o prazo para inscribirse aqueles comerciantes e hostaleiros que queiran participar no I Concurso de Escaparates Arde Lvcvs 2015. O lugar de inscrición é na Concellería de Xuventude situada no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto con outras autoridades, participaron esta tarde no acto inaugural da 33ª Feira do Libro de Lugo que estará instalada na Praza Maior ata o domingo, día 17 de maio.
A primeira das Catas Literarias vaise celebrar no MIHL este xoves, día 14 de maio, coa participación da escritora Mercedes Leobalde, que foi a galardonada na convocatoria do Premio Anxel Fole de narrativa en 2014 co seu libro “Funambulistas”.
Merendas con pan de millo combina cancións e narración oral co proceso de elaboración do pan de millo como fio conductor. Durante a actividade interpretaranse varios temas musicais con voces solistas en directo e a música grabada (por unha banda de pulgas).

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre; a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez; a Deputada de Artesanía e Deseño, Regina Polín; o presidente e secretario da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, Jesús Vázquez e Lui
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 324
- 325
- 326
- 327
- 328
- 329
- 330
- 331
- 332
- …
- seguinte ›
- última »