
O Concello de Lugo celebrou este sábado, 9 de maio, o Día de Europa coas actuacións online de Rodrigo Cuevas e Laura LaMontagne. Os concertos en directo de ambos artistas puideron seguirse a través das redes sociais do Concello e do centro de información europea Europe Direct-Lugo.

O goberno de Lara Méndez, a través da área de Xuventude que dirixe Ana G. Abelleira, anima aos mozos e mozas de Lugo a celebrar a Festa da Xuventude en pantuflas, é dicir, desde a casa, pero mantendo a música en directo.

A área de Participación e Servizos para a Veciñanza realizará, polo día da nai, unha homenaxe floral no Cemiterio Municipal. Segundo indicou Cristina López, “o primeiro domingo do mes de maio era un dos días nos que o Cemiterio Municipal recibía máis visitas nos pasados anos”.

O goberno de Lara Méndez pon en marcha, a través da área de Xuventude que dirixe Ana González Abelleira, un certame de monólogos para a mocidade que pretende animar á poboación xuvenil a aproveitar as horas na casa realizando actividades que lles gusten ao tempo que desenvolven dotes artísticas.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a concelleira de Xuventude, Ana González Abelleira, convidaron ás asociacións do Arde Lvcus a manter as actividades culturais previstas para esta festa de recreación histórica romano-castrexa, para, por un lado, manter o espírito e a chama da celebración, que s

Ana González Abelleira, concelleira de Xuventude, comunicoulle hoxe as asociacións e colectivos que participan na organización do Arde Lvcvs que o Concello anula a celebración destas festas previstas para o vindeiro mes de xuño debido a que “neste escenario tan imprevisible, aínda que se supere o

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua propón unha acción nas redes sociais para celebrar o día do libro. Segundo indicou Maite Ferreiro, “queremos celebrar este día do libro compartindo as obras preferidas das veciñas e veciños de Lugo”.

O goberno de Lara Méndez pon en marcha un certame de curtas para a xuventude de Lugo.

O artista asturiano, Rodrigo Cuevas, e a lucense, Laura LaMontagne, ofrecerán un concerto online, organizado polo Concello de Lugo, con motivo do Día de Europa, que se celebrará o vindeiro 9 de maio.

O Goberno de Lara Méndez, a través da área de Xuventude, impartirá de xeito online asesorías xurídicas e psicolóxicas destinadas á mocidade lucense, mentres se manteña a actual situación de alerta sanitaria.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 167
- 168
- 169
- 170
- 171
- 172
- 173
- 174
- 175
- …
- seguinte ›
- última »