
A área de Xuventude propón, ata outono, unha programación de andainas de sostibilidade e igualdade dirixidas á mocidade activa do municipio. Trátase de camiñadas polo Concello de Lugo, lideradas por mozas e mozos de entre 14 e 35 anos, para reivindicar unha cidade peonil e igualitaria.

220 artistas presentaron a súa candidatura para participar nos I Premios Connexio, espazos para a reflexión, cos que o Concello premiará seis proxectos de intervencións artísticas en seis igrexas situadas ao pé do Camiño Primitivo, declarado Patrimonio da Humanidade pol

O edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, facía esta mañá un chamamento ao civismo instando á cidadanía, especialmente á mocidade, a compatibilizar o seu ocio co respecto aos espazos públicos.

A área de Xuventude organiza para este verán, nas prazas de Lugo, un circuíto onde haberá demostracións de distintos estilos urbanos.

Habemus victor!!
O xurado do concurso de decoración e embelecemento de balcóns, ventás e fachadas do Arde Lvcvs ten xa o seu veredicto.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou a convocatoria do 20º certame de pintura rápida ao aire libre Cidade de Lugo, que este ano se celebrará o domingo 19 de xullo.

O goberno de Lara Méndez, a través da Área de Xuventude que dirixe Ana G. Abelleira ten previsto, para celebrar o Día Mundial das Habilidades da Xuventude, que se conmemora o 15 de xullo, unha conferencia e unha andaina pola cidade.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou o novo ciclo de visitas guiadas Paseos ó Solpor, organizadas pola área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua en colaboración co guía turístico Guido Álvarez.

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou o ciclo Ruadas da Escola Municipal de Música, co que se pretende achegar a música da nosa banda ás distintas rúas de Lugo.

A concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Gonzalez pon en marcha, a través da programación gratuíta do +Xti, un curso de comunicación e outro de recursos lúdicos e un taller de deseño e impresión, organizados polo Concello, baixo o +Xti, e subvencionadas polo Plan Nacional de Drogas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 162
- 163
- 164
- 165
- 166
- 167
- 168
- 169
- 170
- …
- seguinte ›
- última »