
O Teatro Gustavo Freire de Lugo acollerá durante o mes de novembro tres espectáculos dirixidos a públicos diferentes, desde propostas para desfrutar en familia ata unha antoloxía lírica que achega ao escenario algunhas das pezas máis recoñecibles da ópera e o cine.
A programación do San Froilán continúa mañá, xoves 8 de outubro, cunha xornada que ofrecerá actividades desde a mañá e que reunirá propostas de tradición, espectáculos para público familiar, música e humor en diferentes espazos da cidade.

O Cemiterio municipal de San Froilán retomará este domingo, 11 de outubro, a súa programación cultural coa celebración dunha nova visita teatralizada a cargo do grupo de teatro Achádego, que nesta ocasión estará protagonizada pola Familia Pelúdez.

A Corporación Municipal de Lugo, presidida pola alcaldesa, Elena Candia, cumpriu hoxe coa tradicional ofrenda a San Froilán, patrón da cidade, nunha das tradicións máis vinculadas á celebración do 5 de outubro.
Mañá, domingo 4 de outubro, arrinca oficialmente o San Froilán cunha xornada que levará a festa a diferentes espazos da cidade.




O Concello de Lugo incorpora por primeira vez ao San Froilán catro módulos de aseos atendidos e de uso gratuíto, unha novidade que permitirá contar durante as festas con espazos de maiores dimensións e con máis prestacións que as cabinas sanitarias convencionais.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »