Representantes do Convenio Lugo Cultural presentaron este luns as actividades que se desenvolverán durante o mes de marzo, entre as que se atopan a fotografía, as rutas de sendeirismo, a música e unha exposición.
Unha das catro actividades previstas é unha nova edición do ciclo Pegadas, de rutas de sendeirismo, que presentará o seu programa o día 5 de marzo na Galería Sargadelos co título xenérico de ‘As catro estacións da natureza’.
O prazo de inscrición para participar na quinta edición da Viaxe á Neve que organiza a Concellería de Xuventude remata este venres, 22 de febreiro, as 19:30 horas. Os interesados poden formalizar a súa solicitude na Oficina de Información Xuvenil (OIX) situada no Centro Social Uxío Novoneyra.
As fotografías, os planos e os documentos expostos reflicten a historia do Parque Rosalía de Castro
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, visitou hoxe xunto ao Concelleiro de Medioambiente, Lino González Dopeso, a exposición “Un xardín na memoria” nun acto que tivo lugar ás 19:30 horas no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra.
O Alcalde destacou a extraordinaria calidade desta mostra organizada polo Concello de Lugo que servirá para poñer en valor este emblemático espazo verde da cidade e dar a coñecer a todos os lucenses a historia do gran parque de Lugo.
A Comisión do Rueiro aplazou ata a próxima semana a toma de deción para o nomeamento de 24 rúas da cidade.
O Concello de Lugo e Caixanova presentan a primeira montaxe dunha compañía galega da obra de teatro “Robin Hood”.
O Concello e Caixanova achegan a Lugo a representación da obra teatral “Agnes de Dios” que terá lugar o venres, 15 de febreiro a partir das 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Esta actividade forma parte do programa cultural organizado conxuntamente polo Concello de Lugo e Caixanova na cidade.
A obra, dirixida por Fernando Méndez-Leite, está protagonizada por Ruth Salas, Cristina Higueras e Fiorella Faltoyano, e presenta o retrato psicolóxico que realizou o dramaturgo John Pielmeier de tres personaxes femininos de extraordinaria potencia dramática.
Terá lugar este xoves, 14 de febreiro, a partir das 20:30 horas no Círculo das Artes
O Concello de Lugo e Caixanova organizan un ano máis o ciclo de conferencias “Xornalismo século XXI” encadrado na programación cultural que desenvolven conxuntamente as dúas institucións na cidade de Lugo.
Estas conferencias sobre xornalismo contarán coa presencia de profesionais da comunicación de recoñecido prestixio para achegar ao público lucense a realidade da profesión do xornalismo dende diferentes perpectivas.
O Presidente da asociación da Prensa de Madrid, Fernand
O Ciclo de Teatro Galego en Lugo arrinca mañá coa representación de Te has perdido el mar (versión en galego) da man de Teatro Ensalle.
É unha peza que trata sobre a condición do actor. Presenta a tres intérpretes en distintos momentos profesionais, etapas que van da ilusión dos comezos ós altibaixos entre o medo e o éxito.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou unha nova viaxe á neve destinada aos mozos lucenses de entre 15 e 30 anos e que organiza o Concello de Lugo por quinto ano consecutivo. Nesta edición os beneficiarios gozarán dunha estancia de tres xornadas na estación de esquí de San Isidro os días 7, 8 e 9 de marzo (o grupo de 15 a 17 anos de idade) e os días 28, 29 e 30 de marzo (o grupo de 18 a 30 anos de idade).
Este ano ofértanse 100 prazas en total, que se repartirán á metade entre o grupo de menores de idade e o de maiores de 18 anos.
O Concello de Lugo e Caixanova continúan a súa programación escolar para a provincia de Lugo presentando en concerto “Os Instrumentos da Orquestra” o día 11 de febreiro, no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 416
- 417
- 418
- 419
- 420
- 421
- 422
- 423
- 424
- …
- seguinte ›
- última »