Dentro da xira que o espectáculo musical Los Chicos del Coro-Les Choristes realizará próximamente por diferentes cidades de Galicia, actuarán no Auditorio Gustavo Freire de Lugo o 25 de maio ás 20:30 horas.
Comezan os concertos en familia do Festival de Música Cidade de Lugo que este ano aumenta a súa oferta a tres actividades que terán lugar a media tarde doutros tantos sábados no Círculo das Artes. O Corpus dos nenos deste ano terá como protagonista a Igor Stravinski e comeza mañá, sábado 26 de abril, ás 18:00 horas cun espectáculo, musical e teatral, sobor dunha das obras máis coñecidas do compositor ruso, a Historia do soldado.
O Auditorio Gustavo Freire acolle mañá venres, 25 de abril, a partir das 20:30 horas, a obra Salir del armario dentro do programa cultural organizado pola Concellería de Cultura e Turismo e Caixanova.
A obra conta a historia de Piñón, un home gris e afable que traballa nunha fábrica de preservativos e que un día descubre que vai ser despedido.
A Concellería de Xuventude, que dirixe Carmen Basadre, celebrou hoxe a festa de inauguración dun novo Punto de Xuvenil que o Concello de Lugo ofrece aos mozos e mozas da cidade na Praza de O Castiñeiro.
O centro estará aberto de luns a venres de 17:00 a 20:30 horas.
A Casa da Música que depende da Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre, continúa coa súa programación de concertos para as fines de semana.
O vindeiro sábado,26 de abril, ás 21:00 horas está prevista a actuación dos lucenses Outsiders.
O grupo nació en xuño de 2007 grazas a unha celebración escolar para a que se reuniu a dous vocalistas, un guitarrista e un teclista para interpretar diferentes versións.
Esta exposición, que se estrea en Lugo, viaxará despois a Ferroi e máis tarde, a Valencia
A concelleira de Cultura de Lugo, Concepción Burgo, e máis a subdirectora de Programación da Fundación Caixa Galicia, Rosario Sarmiento, presentaron este xoves en Lugo a exposición “O abano español.
A cidade de Lugo únese a Vigo e A Coruña no proxecto Espazos Que Danzan para a celebración do Día Internacional da Danza por iniciativa das productoras Experimentadanza y EscénaTe.
Espazos Que Danzan defínese como un festival de danza en espazos non convencionais entre os que se atopan a Prisión de Monterroso en Lugo, os escaparates duns grandes almacéns de A Coruña e Vigo, o Museo Provincial de Lugo, o Verbum de Vigo o a Galería de Arte Ana Vilaseco de A Coruña aos que llevarán as súas propostas coreográficas diferentes compañías de Galicia, Andalucía, Cuba e Brasil.
Segundo a d
O piano convertiuse nas últimas dúas edicións, coa participación reputados solistas como Nicolai Lugansky ou Paul Lewis, nunha das apostas máis firmes do festival. E este ano continúa nesa liña coa participación dunha singular e polifacética artista como Joanna MacGregor.
O programa de actividades da nova edición do Elixe 2008 organizado pola Concelleira de Xuventude, que dirixe Carmen Basadre, comeza a vindeira fin de semana.
As actividades foron elexidas polos rapaces e rapazas da cidade a través dunha sondaxe realizada a través da páxina web do Concello e coas suxestións feitas polas Asociacións Xuvenís e dos Radares Xuvenís.
As actividades elexidas foron as seguintes:
- Musicoterapia: un taller no que facendo uso dos sons, trazos musicais e estruturas rítmicas conséguense resultados directos e indirectos a nivel psicolóxico, p
Un ano máis a Oficina de Turismo do Concello de Lugo estivo presente no Salón Internacional de Turismo de Catalunya (SITC 2008), que se celebrou en Barcelona entre o 17 e o 20 de abril.
A cidade de Lugo participou como co-expositor de Turgalicia xunto con outras cidades como A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo. O evento rexistrou unha alta participación tanto de público en xeral como de profesionais do sector turístico.
Lugo tivo unha acollida moi boa como destino turístico entre o público asistente á feira, os profesionais do sector e a prensa especializada.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 412
- 413
- 414
- 415
- 416
- 417
- 418
- 419
- 420
- …
- seguinte ›
- última »