O programa Xoves con Arte, deseñado pola Concellería de Xuventude coa finalidade de promover actividades de ocio relacionadas coa cultura, o arte e o humor entre a mocidade lucense, continúa o vindeiro xoves 29 de maio coa representación da obra En la cama.
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, axplicou que esta obra, basada na película chilena co mesmo nome, conta a historia dun mozo e unha moza que se atopan nunha festa, se gustan e deciden ir a un hostal. Deste modo, os que ata entón eran completos descoñecidos vanse entregando na intimidade da cama.
O Conservatorio Profesional de Música acolle os concertos de cámara desta trixésimosexta edición do Festival de Música Cidade de Lugo que promove o Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo. Este importante apartado do festival adoita ofrecer diferentes perspectivas deste xénero da música de cámara e unha gran variedade de instrumentos, dedica este concerto ao trío de frauta, cello e piano. Os compoñentes deste trío que actuará o martes 13 de maio son o frautista francés Laurent Blaiteau, o violoncellista alemá Thomas Piel e a pianista francés Emmanuelle Janisz.
Maña celebrarase o segundo dos os concertos en familia do Festival de Música Cidade de Lugo que este ano aumentou a súa oferta a tres actividades que teñen lugar a media tarde doutros tantos sábados no Círculo das Artes.
Un instrumento, o violín, será o protagonista deste concerto no que Florian Vlashi descubrirá aos máis novos moitos aspectos da historia e os misterios da maxia do son deste fermoso instrumento.
O programa cultural froito do convenio entre Caixanova e o Concello de Lugo continuará mañá, día 9 de maio, coa actuación de Humor Neghro no Auditorio Gustavo Freire ás 20:30 horas.
Humor Neghro, é un espectáculo de humor e música no que se unen estes dous talentos e que pretende reflexionar sobre unha realidade tan próxima, tan galega e tan africana como é a emigración/inmigración; pretende tamén crear lazos entre razas e culturas partindo do que poden ter en común un humorista galego e un cantor centro-africano: o idioma.
A Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, ven desenvolvendo dende o mes de febreiro un amplo programa de actividades de animación á lectura na Biblioteca Municipal que vai dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos. É o segundo ano consecutivo que se pon en marcha esta iniciativa enmarcada nas políticas de impulso da Biblioteca Municipal.
Dende que comezou o pasado 14 de febreiro van xa un total de 6 sesións nas que participaron un bo número de nenos e nenas da cidade.
A lírica e os seus xéneros volven a ser un dos pratos fortes da programación do Festival de Música Cidade de Lugo, que tras a actuación da soprano alemá Simone Kermes non deixa que decaia o interese das súas propostas e así contamos para este oitavo concerto coa presenza de dous artistas de recoñecido talento e fama internacional como a soprano Carolyn Sampson e o pianista Julius Drake.
Para o seu primeiro recital en Galicia, a soprano inglesa Carolyn Sampson escolleu un variado programa con lied alemán (Mendelssohn e Schubert) e mélodie francesa (Debussy e Poulenc).
O número de turistas que visitan a cidade de Lugo continúa a medrar segundo amosan as cifras de visitantes que se achegaron á Oficina Municipal de Turismo para solicitar información na ponte do primeiro de maio.
O sétimo concerto do Festival de Música Cidade de Lugo é, sen dúbida, unha das citas máis agardadas e que ningún afeccionado debería perderse. Dentro da programación desta 36ª edición do Festival chama poderosamente a atención a presenza dunha das máis rutilantes figuras actuais do mundo da ópera, a soprano alemá Simone Kermes.
Tras causar unha grandísima impresión na inauguración en Santiago do Festival Via Stellae o pasado verán, volve a Galicia cun esixente programa que require grandes doses de virtuosismo e que está ao alcance de moi poucas cantantes no mundo.
O grupo de rock galego Ruxe Ruxe ofrecerá o sábado día 10, ás 20:00 horas, un concerto a beneficio da Fundación Anade Galicia, dedicada á inserción laboral de persoas con discapacidades e enfermidades mentais a través das artes escénicas.
Na organización deste evento colabora tamén a Universidade de Santiago de Compostela, que, entre outros apoios durante o ano, cede o local para a actuación, que será no Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus lugués.
O vindeiro luns 5 de maio comeza a VI Edición da Mostra de Teatro Cidade de Lugo organizada polo Concello de Lugo coa colaboración da Vicerreitoría de Cultura da USC e a Escola Arte e Lecer Fingoi, que nesta edición estará coordinada por Palimoco Teatro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 411
- 412
- 413
- 414
- 415
- 416
- 417
- 418
- 419
- …
- seguinte ›
- última »