O Concello de Lugo conmemora este 2 de outubro o Día Mundial do Ostomizado, iluminando de verde a fachada da Casa Consistorial co fin de visibilizar esta realidade.
O Concello de Lugo conmemora este venres, 1 de outubro, o Día Nacional da Artrite iluminando, ao anoitecer, de cor verde a fachada da Casa Consistorial.

O Concello de Lugo reunirá este fin de semana no Vello Cárcere a destacados expertos para debullar, conxuntamente, os retos de futuro que nos obriga a asumir o avellentamento poboacional, no marco da II Xornada de Traballo sobre a Atención Sociosanitaria a Persoas Maiores.

A área de Deportes convocará nos vindeiros días unha nova edición das Bolsas Municipais ao Talento Deportivo.

O executivo de Lara Méndez abre un foro de debate sobre a situación das persoas de maior idade de Lugo tras a pandemia e sobre como debería abordarse a súa atención desde distintas disciplinas tendo en conta os trastornos causados neste tempo.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, convidan a cidadanía a desfrutar do parque infantil de Augas Férreas, que reabriu esta tarde ao público trala súa ampliación e a instalación da cuberta.

O edificio Impulso Verde, que o goberno de Lara Méndez está a construír na Garaballa dentro do proxecto Life Lugo+Biodinámico, foi seleccionado como un dos finalistas dos Premios Rebuild 2021, que recoñecen os proxectos máis innovadores do sector da edificación.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participará este martes, en Madrid, no Congreso Rebuild 2021.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu hoxe ao acto de inicio da 14ª edición do Máster oficial en Dirección de Proxectos, no que participan 23 alumnos de seis nacionalidades: España, Arxentina, China, Perú, Italia e Venezuela, que proceden de quince universidades.
O Concello de Lugo leva á Fiscalía o proceso selectivo aberto para cubrir sete prazas de Inspector da Policía Local mediante promoción interna tras ter coñecemento do informe que foi presentado pola presidenta do Tribunal destas oposicións, maxistrada de profesión.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- …
- seguinte ›
- última »