Un total de 15 persoas comezan o sábado o “Curso de formación básica de axuda a domicilio” que realizará unha empresa do sector coordinado e subvencionado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo gracias ao Plan Nacional de Drogas.
Este curso terá lugar todos os sábados, de nove e media a unha, até o 16 de xuño, no Centro Social Uxío Novoneyra, no terceiro andar.
O Concello de Lugo pecha mañá, mércores, o prazo de presentación de solicitudes das axudas para o alugueiro de vivendas en Lugo.
A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, continúa mañá co programa de actos organizado con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, que se celebra de xeito oficial mañá.
Trátase de actividades feitas por mulleres pero dirixidas a todo o público “para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres, que é a finalidade destas actuacións”. O programa se desenvolverá até o día 13.
Os actos máis significativos deste programa terán lugar na xonrada de mañá comezando ás doce, coa entrega dos premios Entre Mulleres.
A Concellería de Muller e Benestar Social está a desenvolver xunto ao Servicio Galego de Saúde un ciclo de charlas médicas que, baixo o título Sanidade na terceira idade, visitará esta semana os barrios de Fontiñas e As Regas. As charlas comezaron o pasado día 2 na parroquia lucense de Coeses.
A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, mantén aberto o prazo de participación na primeira edición do Concurso Periodístico Muralla Aberta. Este certame está creado polo Concello coa intención de fomentar a igualdade entre homes e mulleres.
Esta convocatoria está aberta a todos os xornalistas e fotógrafos que realizaran traballos sobre a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, o papel das mulleres dentro dalgún ámbito ou sobre a loita contra a erradicación da violencia de xénero.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais analiza nun artigo a andaina desta publicación do seu departamento
A revista Foeminas publica un novo número que xa se pode ler na páxina www.lugo.es. Esta publicación virtual, que cumpriu o seu primeiro aniversario o pasado mes de decembro, chega ao número dezaseis da súa andaina.
Este número ten un carácter moi especial, pois está dedicado á conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora e convida nos seus artigos á reflexión e ó debate sobre a realidade social da muller.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias inicia mañá, mércores, un curso dentro do novo programa de actuacións subvencionado polo Plan Nacional de Drogas e a venda de obxectos decomisados na loita contra as drogas.
Trátase do curso de alfabetización no Carqueixo, que se desenvolverá todos os mércores dos meses de marzo, abril, maio e xuño.
Ademais, a pasada semana deu comezo outro destes programas, que leva por título “E ti, ¿comunicas?” e consiste nunha serie de sesións para promocionar as habilidades sociais.
A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, realizará un viaxe á aula de natureza do Veral dentro do programa de Animación Sociocultural.
Esta excursión, que se organiza todos os anos de xeito periódico, terá lugar o 28 de marzo con saída ás nove da mañá e a hora de reunión nos centros sociais, será ás nove.
Para evitar aglomeracións, limitouse o número de participantes a 30.
O Concello de Lugo acollerá os días 19 e 20 de abril as “I Xornadas lucenses de Prevención de Drogopendencias: misión globalizadora”, organizadas pola Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre.
Estas xornadas están destinadas a divulgar o traballo que se leva a cabo en materia de prevención en distintas organizacións, así como algunhas das iniciativas existentes no ámbito da prevención de drogas a nivel nacional.
A Concellería de Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, abre mañá, mércores, o prazo de inscrición para participar, por sétimo ano consecutivo, no programa Vacacións en paz.
Este programa consiste no acollemento, en familias lucenses, de nenos e nenas saharauis residentes nos campos de refuxiados de Tindouff, situados na Hamada Arxelina, durante os meses de xullo e agosto.
Os obxectivos deste programa son facilitar asistencia médica e alimentación aos menores acollidos, sensibilizar á poboación da nosa comunidade sobre a situación do pobo saharahui, perfeccionar a aprendizax
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 403
- 404
- 405
- 406
- 407
- 408
- 409
- 410
- 411
- seguinte ›
- última »