A Concelleira de Muller e Servizos Sociais presentou novas actividades de carácter lúdico que organiza a súa concellería para os vindeiros días.
A primeira delas é o I Magosto Popular pola Tolerancia, que continúa co costume de anos anteriores de celebrar o tradicional magosto, pero que este ano introduce como novidade que servirá de encontro intercultural para todos os cidadáns de Lugo.
A edil presentou a quinta edición da Festa dos Maiores que terá lugar o 1 de outubro con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas Maiores que conmemora desde 1990 a ONU.
Este día celébrase en todo el mundo de formas moi diversas e pretende fomentar a concienciación social sobre os beneficios da prolongación da vida para a humanidade e da necesidade de respetar os dereitos dos maiores e de coñecer as súas necesidades socioeconómicas e afectivas.
Carmen Basadre explicou que os actos festivos organizados polo Concello de Lugo buscan servir de xornada de convivencia ent
O luns día 15 de outubro remata o prazo para presentarse ó concurso organizado pola Casa da Muller do Concello de Lugo, co fin de elixir o cartel anunciador das VI Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou hoxe as VI Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero que terán lugar en Lugo do xoves 22 ó sábado 24 de novembro. As xornadas centraranse no tema das fillas e fillos das mulleres vítimas da violencia, oas testemuñas directas da violencia contra as súas nais e que sofren un abuso emocional moi forte.
As xornadas abriranse co relatorio da psicóloga Sofía Czalbowski sobre a Intervención psicolóxica cos menores fillas e fillos de vítimas de violencia de xénero.
Os cursos organizados polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias de Deseño Gráfico e de Técnicas de Búsqueda de Emprego celebraron hoxe, día 31 de agosto, a súa última xornada.
Estas dúas accións formativas organizáronse co obxectivo de ofrecer á mocidade lucense unha formación teórico-práctica para mellorar as súas habilidades informáticas e dar unha asesoría completa para a redacción dun curriculum vitae atractivo e organizar dun xeito práctico a búsqueda de emprego, respectivamente.
O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo realizará a súa cuarta intervención sobre os efectos negativos do alcohol entre entre as 11 da noite e as 3 da madrugada de mañá sábado 6 de outubro no fondo da praza de España.
A intervención consiste na ubicación dunha mesa informativa no centro, lugar moi transitado durante a festividade local, especialmente entre as mozas e mozos. Os monitores da actividade informarán ós rapaces das repercusións e dos efectos negativos do consumo excesivo de alcohol.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, guiou a visita ás obras de construción do novo centro social de Entrecarrís, situado no Carril das Hortas, que realizou o Director Xeral de Benestar Social, Bieito Seara, este xoves ás 12:30 horas.
A edil explicou que os traballos están moi avanzados xa que a estrutura do edificio xa está construída e os traballos de instalación de tabiques interiores que delimitan as distintas estancias están completados.
O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo, a través da Asociación Alborada, realizará a terceira intervención no botellón do Parque de Rosalía de Castro entre as 11 da noite e as 3 da madrugada de mañá sábado 1 de setembro.
A intervención consiste na ubicación dunha mesa informativa no parque, lugar que se converteu nos últimos anos no espazo elexido polos mozos de Lugo para facer botellón. Os monitores da actividade conversan cos rapaces e informanlles das repercusións e dos efectos negativos do consumo excesivo de alcohol.
A Concellería de Muller e Servizos Sociais, que preside Carmen Basadre, celebrou o pasado 1 de outubro un xantar de confraternización, dentro do programa de animación sociocultural, para festexar o Día dos Maiores. Á xuntanza asistiron 1.500 persoas.
A celebración tivo lugar no parque da Milagrosa, e o menú da comida constou de polbo á feira, terneira ó caldeiro, tarta de moca, vino e café.
O programa de actos iniciouse ás dez da mañá con xogos populares. Ás doce do mediodía a actuación de Malvela encheu o Auditorio Gustavo Freire.
O Concello de Lugo realizou no que vai de ano unha grande labor na presentación de proxectos que conseguiron obter un bó número de axudas de organismos pertencentes ó Goberno Central e Autonómico, así como de distintas entidades financieiras. A calidade dos proxectos elaborados polo Concello conseguiron unha axuda que alcanza unha cifra próxima ós cinco millóns de euros.
O Goberno Local invertiu estas axudas recibidas en proxectos de gran interés social, chegando a poñer ata 86 iniciativas en marcha.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 389
- 390
- 391
- 392
- 393
- 394
- 395
- 396
- 397
- …
- seguinte ›
- última »