O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 7 e o 25 de xaneiro
O Servizo de Prevención de Drogodependencias, integrado na Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, organiza dous cursos para formar especialistas no sector da vixilancia e a seguridade.
O primeiro deles correponde á segunda edición do Curso de Vixilante de Seguridade, que impartirán profesionais do Grupo Cetssa e que na primeira edición acadou un notable éxito de participación.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, achegáronse esta mañá ata o Centro Social Sagrado Corazón para compartir cos nenos participantes nos Obradoiros de Nadal un “almorzo exemplar” de media mañá.
Durante as vacacións de Nadal este centro acolle talleres para nenos de entre 3 e 12 anos de idade nos que unha quincena de pequenos gozan de actividades lúdicas como xogos populares ou manualidades, entre outras, que pretenden estimular a súa creatividade, e serven para que se relacionen con outros rapaces e aprendan a compartir a di
O CEI acollerá este curso que comezará o vindeiro mes de marzo
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou o proxecto europeo “Senior Tics”, que lidera o Concello de Lugo, e no que participan outros tres socios: a Cámara Municipal de Braga (Portugal), un centro de formación para adultos de Francia e unha empresa de novas tecnoloxías de Grecia.
Trátase dun programa innovador que quere achegar as novas tecnoloxías a toda a cidadanía, especialmente ás persoas maiores de 65 anos de idade.
Este sábado 28 de decembro os máis cativos e os seus pais teñen unha cita no Auditorio Gustavo Freire.
O Concello de Lugo e a asociación Gremium MG continúan coa súa campaña de recollida de xoguetes con destino a nenos con poucos recursos económicos.Trátase dunha iniciativa solidaria para a que esperan a colaboración de todos os lucenses.
A Campaña de Xoguetes pretende concienciar e sensibilizar á poboación nestas datas previas ó nadal sobre a importancia de que todos os cativos reciban xoguetes.
O xogo é un dos elementos fundamentais de aprendizaxe na infancia, para que os máis pequenos desenvolvan as capacidades acordes á súa idade.
Baixo o nome Lugo non ten por que estar de resaca, o Concello de Lugo pon en marcha unha novidosa campaña de sensibilización da mocidade lucense.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, entregaron os diplomas ós ganadores do Certame Educar para Previr que dende o ano 2003 organiza o Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo.
Este ano a alta participación, 3.362 rapaces de máis de 20 centros educativos da cidade, fixo máis difícil a selección dos traballos ganadores.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentaron xunto a Santiago González Avión e Eva Vera Ledo, en representación da Fundación Secretariado Xitano, un balance del Programa Acceder e unha nova de campaña de conciención social para fomentar a integración social.
O Alcalde manifestou a “miña satisfacción por poder estra aquí e dar conta do que se fai cos cartos que se invisten en persoas, porque os datos que aportarán do porgrama Acceder amosarán que non hai mellor inversión que as persoas”.
A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, acaba de presentar unha guía dirixida principalmente ás mulleres inmigrantes coa que se trata de resolver as principais cuestións que se fan as extranxeiras ó chegar á cidade.
Unhas 1.000 Guías para a muller inmigrante distribuirase principalmente nos Centros Sociais do Concello e nos puntos de atención ó inmigrante.
A Concelleira explicou que a publicación describe, en galego e castelán, os dereitos e deberes que, como mulleres e como inmigrantes, teñen as mulleres que acaban de chegar a Lugo.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou o programa de Nadal que se desenvolverá nos Centros Sociais Municipais, na Casa da Muller e nos servizos relacionados con Servizos Sociais.
Como en anos anteriores, os centros sociais contarán cun programa propio que funcionará entre o 21 de decembro e o 7 de xaneiro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 385
- 386
- 387
- 388
- 389
- 390
- 391
- 392
- 393
- …
- seguinte ›
- última »