A revista Foeminas chega cun novo número onde pon especial atención en distintas experiencias e perspectivas para abordar os problemas de xénero.
Nesta ocasión preséntase a primeira parte dunha reportaxe realizada ao un colectivo MAGÉNTA, un grupo integrado maioritariamente por homes, que loitan pola igualdade de xénero en Perú.
Na sección Portada ofrécese un informe sobre a publicidade sexista, "De muller floreiro a cidadá. Unha aproximación ao problema da publicidade sexista".
A cuarta edición do Teateatre chega ao seu fin esta semana co último curso de formación dramática para profesionais e afeccionados dos tres ofertados. Este programa, desenvolvido entre os meses de xullo e agosto na cidade, pretende servir de foro de encontro, formación e creación para actores e amateurs do teatro.
O derradeiro curso, Estudo da presenza do actor.
O Centro Social Díaz de Castro acolle hoxe luns 18 de agosto a proxección de Oye Arnold! dentro do programa Videoforum infantil organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre. Con esta actividade, preténdese a participación activa dos rapaces asistentes ao longo de toda a sesión. Por iso deixaráselles que fagan conxeturas, que establezan debates que favorecen ao desenvolvemento do razoamento e, por tanto, da actividade.
A actividade de Ceo de Verán, organizada pola Concellería de Servizos Sociais que dirixe Carmen Basadre, aprázase á xornada de mañá por mor da visibilidade das estrelas debido ao tempo previsto para hoxe.
Ceo de Verán é unha camiñata a pé polo Paseo do Rato onde se analizará a flora e a fauna, e onde se aproveitará para coñecer mellor as estrelas.
A Concellería de Servizos Sociais que dirixe Carmen Basadre, organiza para estas datas de lecer unha nova actividade moi relacionada co medio ambiente e dirixida a toda a poboación en xeral.
Trátase de Ceo de Verán, unha camiñata a pé polo Paseo do Rato onde se analizará a flora e a fauna, e onde se aproveitará para coñecer mellor as estrelas. En Ceo de Verán participa como monitor un experto no estudo do noso firmamento, Francisco García Díaz, que foi o descubridor da Supernova 1993J, o 28 de marzo de hai 15 anos.
A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, organiza unha excursión a Ferrol e á praia de San Jorge, encadrada na programación de actividades de verán.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, acompañou esta mañá no Concello de Lugo ao Alcalde de Foz, José María García Rivera, e ao responsable de Cultura do Concello de Foz, Jaime Cancio, na presentación das festas patronais da localidade costeira, que comezaron o pasado venres 1 de agosto, cun programa que se alongará todo o mes.
A Concelleira animou “a todos os lucenses a achegarse ata a costa de Lugo e participar nas festas de Foz, que é como unha segunda cidade de Lugo onde moitos veciños pasan as súas vacacións”.
Cun orzamento de 150.000 euros, Foz feste
O Centro Social Díaz de Castro acolle mañá luns 4 de agosto a proxección de Kirikú y la bruja dentro do programa Videoforum infantil. Con esta actividade, preténdese a participación activa dos rapaces asistentes ao longo de toda a sesión. Por iso deixaráselles que fagan conxeturas, que establezan debates que favorecen ao desenvolvemento do razoamento e, por tanto, da actividade.
O ciclo Noites de Cine englobado no programa de …no verán ¡Lugo xa conecta! organizado pola Concellería de Servizos Xerais que dirixe Luisa Zarzuela continúa mañá xoves coa proxeción de Sei que es.
O filme, dirixido por Patricia Ferreiro, conta a historia de Paloma, unha xoven psiquiatra namorada do seu traballo e que coñece a un paciente inquietante e seductor chamado Mario nun hospital remoto.
Mario padece unha extraña enfermidade, o Síndrome de Korsakov, unha alteración da memoria que supón un caso de estudo apasionante para Paloma.
Mañá xoves, 31 de xullo, continúa o ciclo de cine Videoforum, organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre, e que está dirixido aos mozos e mozas lucenses maiores de 12 anos.
Nesta proxección, que terá lugar ás 19:30 horas no Centro Social Díaz de Castro, os asistentes poderán disfrutar coa película Bienvenido Mr.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 375
- 376
- 377
- 378
- 379
- 380
- 381
- 382
- 383
- …
- seguinte ›
- última »