Onte martes, día 21 de outubro, saíron publicadas no BOP de Lugo as bases xerais reguladoras das subvencións para mellora da accesibilidade e habitabilidade de vivendas de persoas maiores dependentes que serán concedidas polo Concello de Lugo.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou esta mañá as bases do concurso de deseño gráfico Diversiarte 2008, co fin de elexir o cartel anunciador do programa programa deseñado polo Concello de Lugo para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade como se ven facendo dende fai sete anos.
A edil explicou que para elaborar o cartel anunciador das actividades os autores deberán reflexionar sobre a discapacidade e para sensibilizar sobre que na diversidade é posible a igualdade.
O pasado 23 de setembro celebrábase o Día Internacional Contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas, e no número 30 da revista Foeminas analízase en profundidade todos os problemas que se desenvolven entorno a esta lacra social.
Para iso, na Portada neste novo número expoñese a análise dos editores sobre o problema nu artigo titulado Facer diñeiro co que sexa… Neste mesmo apartado ofrécese a segunda parte da reportaxe realizada sobre o colectivo MAGÉNTA, un grupo integrado maioritariamente por homes, que loitan pola igualdade de xén
A actividade Nonétrivial que estaba previsto que tivera lugar hoxe xoves 16 de outubro, aplázase por mor do mal tempo. Esta actividade organizada polo Concello de Lugo aprazarase á finais da semana que ven, próximamente publicarase a data na que se e desenvolverá nas rúas próximas á Praza Maior.
Será unha paga única de 200 euros, que suporá un incremento do 4,3% para estas pensións
Como ven sendo habitual o Concello de Lugo grazas á colaboración da Fundación ONCE edita un ano máis o programa de festas do San Froilán en braille. É a única cidade de Galicia que leva a cabo este traballo na programación das súas festas patronais. Lugo destaca por ser unha cidade accesible que traballa para lograr facer unha cidade de todos e para todos.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e a artista Luz Darriba, presentaron unha nova iniciativa da Casa da Muller do Concello de Lugo : Nonétrivial.
Esta atividade, segundo explicou a Concelleira, “é un proxecto de participación colectiva no que se propón unha reflexión sobre o papel das mulleres na nosa cultura a través dos tempos”.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, acompañada por Marina Cillero, presidenta da Asociación Concepción Arenal, por Blanca Rodríguez Pazos, delegada de vicepresidencia, e por Sinesio Pérez, e o responsable da área social de Caixa Galicia, presentaron a XXII edición das Xornadas Penitenciarias Lucenses.
Isabel Carril Quiroga resultou gañadora do concurso de deseño gráfico para a elaboración do cartel anunciador das VII Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero, organizado pola Casa da Muller, dependente da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 373
- 374
- 375
- 376
- 377
- 378
- 379
- 380
- 381
- …
- seguinte ›
- última »