
O obradoiro, realizado dende o Concello coa colaboración de A Cova da Terra, será impartido por Mundo Piruleta, e está dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, xunto con Clara Raposo, de A Cova da Terra, e dous membros de Mundo Piruleta, presentaron hoxe o obradoiro de consumo responsable “Con sumo coidado”, dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos.

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, continúa coas actividades do programa de ocio saudable “Sábados +XTÍ”. Este programa está dirixido a rapaces e rapazas entre os 12 e 16 anos.
Dende o pasado 19 de setembro e ata o vindeiro 29 de maio, os mozos e mozas realizan actividades creativas e atractivas como música, baile, concertos, desfiles, concursos ou festas. As actividades realízanse os sábados entre as 18.00 e as 22.00 horas.
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, participou no día de hoxe nunha nova xuntanza do Foro de Igualdade na que se acordou reclamar a Xunta de Galicia a posta en marcha do rexistro de familias cun so pai ou nai, así como a intención do Foro de dirixirse á Fegamp para que apoie a creación de dito rexistro.
A Concelleira de Benestar Social, Carmen Basadre, informou esta mañá na Comisión permanente de Benestar sobre as xestións que leva feito o Concello ante a folga na empresa Atendo que presta o servizo de atención primaria.
O Concello de Lugo, dende a área de Benestar Social e Igualdade que dirixe Carmen Basadre, organiza no Centro de Convivencia de Fingoi e por oitavo ano consecutivo, as Xornadas de achegamento ao tear tradicional e á artesanía da lá.

O vindeiro día 4 de xaneiro terá lugar un Concerto de Nadal no Centro de convivencia Fingoi, dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade.
O conxunto músico-vocal Xeada será o encargado de ofrecer este concerto que terá lugar ás 19.00 horas.
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, denunciou hoxe que o ano que vén non haberá Plan de inclusión porque non figura nos presupostos da Xunta para o ano 2011.

O Consello Local de Servizos Sociais acorda instar a Xunta a manter a actual cesión de uso do vello hospital, e ampliar dita cesión a un “uso socio-sanitario”
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, presentou hoxe en rolda de prensa os diversos asuntos tratados no Consello Local de Servizos Sociais celebrada no dia de onte.

Os partidos xogaranse no Centro Deportivo Terra, a Casa do Deporte, o Polideportivo O Palomar e o Palacio Municipal dos Deportes de Lugo
A XVI edición do certame de debuxo “Educar para previr” tivo máis de 1.500 participantes
O Centro de Convivencia Maruja Mallo acollerá hoxe, martes 21 de decembro, a partir das 19.00 horas, a entrega de premios da XVI edición do certame de debuxo “Educar para previr”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 343
- 344
- 345
- 346
- 347
- 348
- 349
- 350
- 351
- …
- seguinte ›
- última »