A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, recolleu esta mañá de man da Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, e do músico e director de Sons Galicia, Eloi Caldeiro, os agasallos adquiridos coa recadación obtida da venda do CD Cantos de Nadal para o seu reparto entre os nenos das familias máis desfavorecidas do Concello.
A Concelleira de Servizos Sociais anuncia a concesión de subvencións por importe de 81.500 euros a sete ongd para cooperación e sensibilización social
A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, manifestou hoxe que o Concello de Lugo aumenta os recursos económicos que adicará no ano 2013 as prestacións sociais e terá que asumir os investimentos que deixan de facer nesta materia tanto a Xunta de Galicia como o Goberno central.
A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, anunciou un novo recurso de reposición en contra da resolución pola que se resolve a subvención destinada ao cofinanciamento da prestación de servizos sociais para o ano 2012, e que se reduce en case un 85% con respecto ao ano 2010.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade vai levar a cabo unha nova acción formativa dirixida a persoas inmigrantes extracomunirarias baixo o nome de Curso de integración coa finalidade de que poidan obter un informe positivo de esforzo de integración que emite a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá as actividades socioculturais para o Nadal que teñen como obxectivo axudar a conciliar a vida familiar e laboral nesta época de vacacións para os máis pequenos da casa.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, participaron esta mañá na inauguración do mercadiño solidario Diversiarte 2012 instalado no fondo da Praza Maior.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade informa que dende hoxe, todas aquelas asociacións, fundación ou entidades de iniciativa social, poden presentar as solicitudes para optar a cesión de uso de locais municipais no edificio sito na Rúa Monte Faro, 2.
No Consello Local de Servizos Sociais tamén se acordou instar tanto ao Goberno Central como a Xunta de Galicia para volvan a restablecer as axudas que eliminaron para as persoas con vivenda de protección oficial
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presidiu o Consello Local de Servizos Sociais que se celebrou hoxe e no que se deu conta das actuacións levadas a cabo ao longo do ano en servizos sociais.
O curso celebrarase os días 19 e 20 no Centro cívico Uxío Novoneyra
O Concello de Lugo adheriuse ó Programa Nacional de Prevención das Drogodependencias no Sector Hostaleiro, que puxeron en marcha o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Federación Española de Hostalería e que suporá a formación dos hostaleiros da nosa cidade en temas de ocio responsable.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 322
- 323
- 324
- 325
- 326
- 327
- 328
- 329
- 330
- …
- seguinte ›
- última »