O Concello de Lugo, a través da área de Benestar Social e Igualdade e formando parte do programa de animación sociocultural para os meses de abril e maio do presente ano 2013, organiza unhas charlas-obradoiro, abertas a todo o público e gratuítas, co título O médico púxome a dieta.
O Concello disporá dun total de 29 novas prazas para atención diurna a persoas maiores dependentes, catro máis das existentes na actualidade.
A Mesa de contratación do Concello adxudicou hoxe a contratación de 22 prazas de Centro de día para a atención de persoas maiores dependentes en réxime de atención diurna que fora convocado cun prezo de licitación de 638,32 euros por praza e mes.
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá as actividades socioculturais que se van realizar en diferentes parroquias de Lugo nestes trimestre e que se irán realizando paulatinamente ata o mes de xullo. Trátase de 43 talleres diferentes nos que participarán preto de 600 persoas da zona rural.
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, e Irene Jiménez, da Fundación do Secretariado Xitano de Lugo presentaron esta mañá o programa de actos previstos para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano.
Para conmemorar esta día, o 15 de abril, vaise inaugurar ás 20:00 horas unha exposición didáctica baixo o nome de Culturas para compartir.Gitanos hoy no Museo Pronvincial de Lugo e no que se recolle a historia do pobo xitano e que poderá ser visitada ata o 9 e maio.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González, e a Asociación Parkingon Lugo conmemorarán o Día Mundial do Parkinson, que se celebra o 11 de abril, coa organización de dúas charlas que se van celebrar no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

O Alcalde, José López Orozco, encabezou a concentración contra a violencia machista que convocou o Concello para condenar o asasinato da veciña de Lugo Helena Dimitru. Na concentración participaron a Corporación municipal e outras autoridades como a Delegada da Xunta de Galicia, Raquel Arias; o Presidente da Deputación provincial, José Ramón Gómez Besteiro; o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo; o Vicerreitor da Universidade, Pedro García Herradón; e deputados autonómicos e provinciais.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou o IV Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais, que se enmarca dentro das actuacións do III Plan de Igualdade do Concello de Lugo.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade informa que o Centro de Convivencia de Fingoi acolle o próximo mércores 20 de marzo unha conferencia sobre a enfermidade de Alzheimer e outras demencias.
O acto será as 12:00 horas aberta a todo o público interesado en acudir a coñecer como actuar ante estas situacións e como previlo. A charla está organizada pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Lugo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 320
- 321
- 322
- 323
- 324
- 325
- 326
- 327
- 328
- …
- seguinte ›
- última »